O clube Dousxsetenta trae varias medallas do campionato galego de tiro con arco ao aire libre

José María Lema proclamouse campión galego de tiro con arco ao aire libre na categoría veteranos Un total de 24 arqueiros e arqueiras do clube Dousxsetenta participaron a pasada fin de semana no campionato galego de tiro con arco ao aire libre que tivo lugar en Pontevedra. 20 dos arqueiros partiparon en categorías base e 4 e sénior e veteranos. A tarde do sábado deixou bastantes caixóns xa que María Lema e José Vázquez proclamáronse Campións Galegos nas categorías benxamín e infantil respectivamente. José xa se proclamou este ano Subcampión Galego en Sala, mentras que María foi terceira clasificada nesa mesma competición. Tamén lograron subir ao podio Anxo Trillo e Iago Rodríguez - subcampión galego e terceiro clasificado en categoría benxamín masculina - ; Cristina Santos, Paula Vázquez, e Laura Ramos - terceiras clasificadas nas categorías benxamín, alevín e infantil feminina respectivamente -. Destacar tamén a Cristina e Paula que eran as actuais subcampioas galegas de Sala 2017. Na xornada do domingo José María Lema proclamouse campión galego na categoría veteranos completando así o doblete xa que tamén é o actúal campión galego de Sala. Os arqueiros e arqueiras do clube Dousxsetenta están xa preparando o campionato de España ao Aire Libre para menores de 14 anos que este ano se celebra na localidade de Valdoviño os días 22 e 23 de xullo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Dousxsetenta