O clube Dousxsetenta trae varias medallas do campionato galego de tiro con arco ao aire libre
08:07 14/06/17
José María Lema proclamouse campión galego de tiro con arco ao aire libre na categoría veteranos
Un total de 24 arqueiros e arqueiras do clube Dousxsetenta participaron a pasada fin de semana no campionato galego de tiro con arco ao aire libre que tivo lugar en Pontevedra. 20 dos arqueiros partiparon en categorías base e 4 e sénior e veteranos.
A tarde do sábado deixou bastantes caixóns xa que María Lema e José Vázquez proclamáronse Campións Galegos nas categorías benxamín e infantil respectivamente. José xa se proclamou este ano Subcampión Galego en Sala, mentras que María foi terceira clasificada nesa mesma competición.
Tamén lograron subir ao podio Anxo Trillo e Iago Rodríguez - subcampión galego e terceiro clasificado en categoría benxamín masculina - ; Cristina Santos, Paula Vázquez, e Laura Ramos - terceiras clasificadas nas categorías benxamín, alevín e infantil feminina respectivamente -. Destacar tamén a Cristina e Paula que eran as actuais subcampioas galegas de Sala 2017.
Na xornada do domingo José María Lema proclamouse campión galego na categoría veteranos completando así o doblete xa que tamén é o actúal campión galego de Sala.
Os arqueiros e arqueiras do clube Dousxsetenta están xa preparando o campionato de España ao Aire Libre para menores de 14 anos que este ano se celebra na localidade de Valdoviño os días 22 e 23 de xullo.
Novas relacionadas
- Medio centenar de èque-arqueiros participarán no VIII Torneo de Tiro con Arco Concello de Vimianzo
- Santi Soneira participou no Campionato de Esàña de Arco Tradicional e Desnudo.
- Os pequearqueiros de Vimianzo triunfaron no Campionato Galego.
- Unha homenaxe virtual aos outros deportes da Costa da Morte.
- Os arqueiros de Vimianzo aproban con nota o previo ao Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala.
- Os pequearqueiros de Vimianzo demostraron o seu potencial no Campionato Galego.
- Os miniarqueiros de Vimianzo con arcos novos.
- As miniarqueiras irmandiñas de Vimianzo seguen crecendo.
- Vimianzo ten canteira de arqueiros.
- A Costa da Morte envía aos seus mellores xogadores de Dardos ao Campionato Galego.
- Os arqueiros de Baio e Vimianzo cólanse entre os mellores de Galicia.
- Vimianzo volveu sacar os arcos de Dousxsetenta en Silleda.
- Retrato de dúas familias de arqueiros.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Dousxsetenta