![corcubion 1 Os da vila de San Marcos fixéronse co título - Fotografía: Jorge Parri]()
O Cubaleiro de Corcubión acolleu a pasada fin de semana a celebración do
Trofeo Carlos Lojo. Corcubión e Dumbría desputaron un encontro marcado polas ausencias no bando visitante. Unhas ausencias debidas a que o Dumbría tivo que facer fronte ao
inicio do campionato regular na Preferente.
A victoria foi para os de Manolín, que venceron por tres tantos a un.
A primeira metade estivo moi igualada. Non houbo un dominador nos primeiros corenta e cinco minutos pero antes de chegar ao descanso adiantáronse os dumbrieses por mediación de Josiño. Tamén na primeira metade anotaron os corcubioneses o seu primeiro gol.
O segundo acto tivo un dominador claro, que foi o Corcubión. Os trocos de Manolín axudaron ao triunfo do conxunto local. Pablo Lestón, destacou no encontro ao levar as xogadas de maior perigo dos seus. Os goles do Corcubión foron obra de Conguito, Alan e Mario. O tanto do Dumbría anotouno Josiño.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Fotografía de Jorge Parri.