A Preferente abre a tempada do fútbol da Costa


Volve o fútbol da Costa á actualidade. E o fai comezando pola Preferente Norte, onde este ano contaremos con 3 equipos trala fusión xalleira.
Os tres xogarán o domingo. O Dumbría farao en Ribadeo, ante un conxunto mariñao que o ano pasado pasouno mal. Canosa ten como principal alta a Brais, que xa estivo ás súas ordes e que o ano pasado estivo no Soneira. Ademais os xuvenís xa viñeron pedindo paso con forza e este ano teñen o camiño preparado.
O novo Xallas de Santa Comba de Manolo Corredoira recibirá en Fontenla, na súa histórica estrea, ante O Páramo, un novo na categoría, e os xalleiros terán que demostrar que este ano van a por todas.
Pola súa banda, Felipe Candamo estréase no renovado banco soneirán cun cadro moi renovado. Importantes latas como as de Baba, ex do Boiro e do Laracha; Nico, Toni e Adrián Mackaay, columna fisterrá; Sito do Nantón; Cheli do Santa Comba; os muradáns Toni (ex do Dumbría) e Óscar de Maema; e Maikel e Javi chegados do Camariñas.
Haberá tamén outros partidos amistosos, como o Trofeo Carlos Lojo que enfrontará o domingo no Cubaleiro ao novo Corcubión de Manolín cun Dumbría que formará cos que non xoguen ante o Ribadeo e o equipo B.
Preferente, xornada 1
Ribadeo | 26/08 - 18:00 | Dumbría |
Xallas Sta Comba | 26/08 - 18:00 | O Paramo |
Chantada | 26/08 - 18:30 | Soneira |
Máis información
Novas relacionadas
- Os calendarios de Xuvenís, Cadetes e Infantís xa en www.futboldacosta.com.
- Corme CF: “O castigo do ascenso”.
- Un mar de paxión: Periscal e… gol!.
- Vídeoentrevista de Ángel Garrido con Charro.
- Xa temos os 11 ideais QPC do fútbol da Costa.
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).