Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Corme segue buscando apoios para a súa proposta de ascenso

O Corme segue buscando apoios para a súa proposta de ascenso

Segue estando no aire a proposta do Corme CF para que os equipos de Bergantiños, incluído claro o Club do Mar, ascendan á zona da Coruña sen deixar de ser equipos da Liga da Costa. É dicir, que cando baixasen de novo á 2ª ou á 3ª, o fixesen para a Liga da Costa, e non para a 2ª das Mariñas, como o ano que vén tería que facer o Club do Mar no caso de descender.

O clube ten que conseguir un total de 26 apoios, o 70% do numero de clubs da Costa. E se ben xa conta co evidente apoio dos 14 equipos da zona bergantiñá, ten que conseguir os restantes. A día de hoxe só 3 se manifestaron en contra, pero aínda hai uns 20 que non se manifestaron nin a favor nin en contra.

E aí cando o responsable do clube, Suso da Torriña, está poñendose en contacto cos equipos que non contestaron nin a favor nin en contra coa intención de que contesten á Federación o luns como máis tardar.

"Recoñezo que a proposta suporá algún inconvinte no futuro para algún equipo (un descenso mais de 2ª a 3ª, non haber equipos de Bergantiños na 1ª Autonómica de Santiago convivindo cos do resto da Costa, a posibilidade dificil pero posible de que algún ano non ascenda ningún equipo dende a Costa a Primeira Autonómica por non gañalo nas promocións ), polo que entendo que haxa equipos que non o teñan nada claro, pero tamén hai que pensar que a fórmula que propoñemos (a única que, a día de hoxe, nos aceptaría a Asamblea do Fútbol Galego) é sobre todo difícil para os equipos de Bergantiños, que somos os que a propoñemos e os que mais a sufririamos", explica Suso da Torriña.

"A ver se pasan estes días e que sexa a Costa a que decida", lembra.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios