Venres. 29.03.2024
El tiempo

Club do Mar: "A Liga da Costa é o noso sitio"

Club do Mar: "A Liga da Costa é o noso sitio"

Apuntabamos esta semana que unha das novidades máis importantes arredor do noso fútbol é a marcha do Club do Mar do futbol da Costa. Unha decisión que, a priori, nos soprendía dada a bandeira que o clube caionés fixo do noso fútbol dende a súa volta á competición hai apenas 2 anos.

Hoxe, o Club do Mar quere explicarnos a súa postura, asegurando que non foi unha decisión fácil, e que a nova reestruturación da 1ª Autonómica non lle deixa máis opción. De feito, pon o exemplo do Corme, que como comentabamos, presentou unha proposta para que os 14 equipos da zona de Bergantiños, no caso de ascenderen, que o fagan, a través dunha promoción, á 1ª da Coruña. Unha decisión que no canto de levarse adianta (o Corme ten que conseguir o poio de 30 clubes de toda a Costa, e xa conta con máis da metade), permitiría que no caso de descender da 1ª, se caese de novo na Liga da Costa.

Pendentes pois desa decisión, deixámosvos coa explicación que nos envía Alberto Marta, un dos membros da directiva do clube caionés:

"A Liga da Costa é o noso sitio"

Antes de nada, hai unha cousa que debe quedar clara: De non ascender o Club do Mar seguiría na Liga da Costa, que é o seu sitio. Sen dúbida. E aquí es onde está a clave: Nós decidimos ascender, e ante os numerosos problemas que nos prrvoca ascender á 1ª do Sur estamos obrigados a ascender á 1ª do Norte (ou renunciar ó ascenso, como decidiu o Corme). O Club do Mar como ó resto dos clubes Bergantiñáns resultalles moi complexo acceder a esta novo grupo, que penaliza moito máis os desprazamentos que se fose unha liga provincial, tal como é agora, ademais de dificultar a búsqueda de xogadores, algo ó que nós estamos obrigados.

Pois o problema non é outro que para xogar na 1ª Norte parece que estamos obrigados a asumir que se baixamos a 2ª terémolo que facer ás Mariñas, algo que non nos gusta o máis mínimo, pero que é así. É decir, nós non decidimos marchar da Liga da Costa, nin moito menos, pero non podemos renunciar ó ascenso porque eso fixémolo fai 20 anos (máis ou menos) cando se creou a provincial, e supuxo a desaparición do clube. Qué lle vas a exixir a uns xogadores que deixaron a pelexa no campo se lles negas o premio deportivo do ascenso? O Corme, en ese sentido, ten a ventaxa de que ten xuvenís (moi bos por certo), e se lle marchan xogadores que teñen aspiracións de xogar nunha categoría superior é capaz de manterse na 2ª Liga da Costa dun xeito máis que digno.

Realmente esperamos que se impoña o sentido común, que Suso da Torriña xunte os apoios que precisan os equipos de Bergantiños, e que o ascender sexa un premio e non un castigo.

Neste recuncho da Costa da Morte está Caión, e sigue enarbolando e defendendo a bandeira do noso futbol costeiro, ó que nós intentamos aportar un equipo competitivo e que sobre todo mostre deportividade e respeto polos rivais. Algo que cremos que se debería ter máis en conta a todolos niveles e que en algún momento, lonxe diso, mesmo provocou burlas e desprezos dalgún periodista dun diario escrito coruñés cando, literalmente, se lles escupiu a dous xogadores nosos nun campo rival.

  • Alberto Marta, membro da Directiva do Club do Mar.

Novas relacionadas

Comentarios