Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Dumbría fai historia co ascenso á Liga Galega Infantil

O Dumbría fai historia co ascenso á Liga Galega Infantil
Dumbria novo equipo da Liga Galega copia O Dumbría, novo equipo da Liga Galega Infantil

Histórico sábado este no Conco, pois o Dumbría Infantil completo un ascenso que permitirá que o cadro dumbriés conte, por primeira vez, con tres equipos de base en Ligas Autonómicas para o ano que vén.

Chegaba o equipo de Pablo Conde co 1-1 da Barraña, e aguantou as embestidas dos da Barbanza para completar unha temporada inmellorable. Quedou campión de Liga con 21 vitorias en 21 partidos; campión da Copa da Costa con só unha derrota, e agora o ascenso.

 

Dumbría - Boiro (0-0)

  • Dumbría: Breo, Xan, Sendón, Yerai, Samuel, Moisés, Brais, Berto, Iker, Lucas Toba e Lucas Carballo. Tamén xogaron: Álex, Mario, Iago, Nacho e Nando.
Ambiente no Conco Ambiente no Conco

Non impediu o frío no Conco que o Dumbría aguantase un empate sen goles que vale un ascenso. Tivo o balón o Boiro, pero o Dumbría defendeu con orde, e os de Pablo Conce non pasaron moitos apuros. Samuel e Álex estiveron moi firmes e Breo amosouse moi tranquilo en todo momento. E o máis importante, o esforzo de toda a temporada fíxose patente e todos correron como se fose o útimo balón da súa vida.

Aínda tivo o Dumbría a mellor ocasión na segunda metade, cun tanto de Álex Sendón que anulaban por fóra de xogo.

Temporada incrible dun Dumbría, que por algo recibiu, outro ano máis o Premio ao Mellor Club Base na Gala do Fútbol da Costa-QPC.

Dumbria inf 3 copia

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios