O Fisober arrinca a súa 10ª temporada con máis ilusión ca nunca
O Fisober arranca una ilusionante temporada 2013-14 na que cumplirá 10 anos de existencia. As xogadoras vimianesas arrancaron o pasado martes 20 de agosto a pretemporada no Pavillón Municipal de Baio de cara a preparar nas mellores condicións posibles o inicio de Liga.
Estas dúas primeiras semanas de adestramento alternaran o pavillón de Baio e a Praia de Lago en Muxía antes de disputar o primeiro partido da pretempada que será o venres 30 de agosto ca disputa dun triangular no pavillón municipal de Cee.
O equipo de 2ª División Estatal dirixido por Jordi, Luis e Fran presenta poucas novedades con respecto o ano pasado, xa que só reincorpora a Patri Romaní que regresa ó equipo despois de xogar parte da tempada pasada no Viaxes Amarelle de 1ª División.
A novidade deste ano será que calquera das xogadoras do equipo filial podera xogar no 1º equipo gracias a fusión da FGFS e a FGF.
Pola súa banda o equipo filial dirixido una tempada máis por Mauro e Jemisa incorpora a Andrea e Alejandra procedentes do CD Baio cadete, Anabel CD Baio femenino e a Raquel que procede do FC Meigas de Ames.
O equipo infantil do Fisober que este ano participara na Liga Galega Infantil non empezara os adestramentos ata finales de setembro, serán no pavillón de Vimianzo todolos venres e sábados ata o inicio da Liga, que esta previsto para o mes de novembro.
Merchandising
O Club, con motivo do seu 10 aniversario xa ten a venta a bufanda do Fisober FSF por tan so 10€, todos os interesados en adquirila so teñen que porse en contacto con calquera persona do equipo ou mandar un email a [email protected] ou o Facebook do Club.
Novas relacionadas
- Fisober comeza unha campaña para captar socios a través das rrss.
- O Fisober álzase ca I Copa da Costa feminina.
Fonte
- Nota de prensa do Fisober.