O Fisterra dos anos 80: talento costeiro na élite

07:28 22/12/17
Houbo un tempo en que os equipos da Costa xogaban en 3ª División. Era unha 3ª potentísima, con equipos como o Pontevedra, Lugo, Ourense, Fabril ou Celta Turista. E alí foi o Fisterra, despois duns anos moi bos con ascensos consecutivos dende a Liga da Costa, queda 10º clasificado en Preferente e pola reestructuración da 3ª ascende. A volta de xogadores míticos que andaban espallados por outros equipos e a unión do pobo co club foi a clave do éxito. O Fisterra foi o segundo equipo da Costa en chegar a 3ª, despois do Noia. Xogaron 2 anos en 3ª, e despois 6 consecutivos en Preferente, facendo moi boas campañas.
Este Fisterra foi o faro dunha xeración, que veían no equipo verde un espello do que se podía facer no fútbol costeiro. O talento en bruto, a maneira de vivir o xogo, a festa que era acompañar ó equipo polos campos de Galicia, cousas que se van ir perdendo pouco a pouco na noite dos tempos. O eterno debate fisterrán sobre qué equipo era mellor, se este dos 80 ou o de mediados dos 90 de onde saíron xente como Noé, Pesca, Cesar, Marco e outros tantos, está moi vivo na Vila do Cristo.
Baixo o mando de José López Canosa, que sustituiu a Manolín, o equipo era moi completo e compensado, con numerosos xogadores de calidade para todos os postos:
PORTEIROS - Domingos e Fernando
DEFENSAS - Santos, Amigo, Cachuso, Miculita, Nisito, Angel, Carlos, Rafa
MEDIOS - Geno, Juan Francisco, Paco, Andrés, Manolo
DIANTEIROS - Ayala, Mañón, Juan Ramón, Chucho, Joseíño, Julio, Mané
No segundo ano de 3ª División, causaron baixa Cachuso, Miculita, Fernando, Amigo, Andrés e Joseíño. Os 3 últimos foron para o Pontevedra, pois os granates quedaran asombrados da súa calidade na visita a Ara Solis. Incorporáronse ó equipo o porteiro Castromil, Senlle, Otero, Leis, Amador, Juan Angel ou Insua.
É relevante decir que todos estos anos en 3ª e Preferente o Fisterra non disputou a Copa da Costa, co que se pode chegar á conclusión que de tela disputado as vitrinas do club estarían cheas de mais trofeos sen lugar a dúbida.
O equipo baixou a Preferente, unha categoría fortísima de entonces, con equipos como o Bergantiños, Sada, Burela, Vilalbés, Ribeira ou Flavia, e os costeiros Cee e Baio. Aguantou ben o tipo. No ano 85 sálvanse por 2 puntos, pero ó ano seguinte fan unha boa campaña. En Fisterra morden o polvo os grandes: 4-1 o Baio, 1-0 ó Bergantiños campión de liga, 4-1 ó Ferrol At., 3-0 ó Xove Lago, 2-0 ó Paiosaco, e igualada 1-1 en Ara Solis co Cee, e vitoria gloriosa 1-2 no Raices. Os Castromil, Leo, Insua, Julio, Miculita, Angel, Marcote, Paco... era un moi bo equipo. pero manter aquelo era difícil. No ano 87 o equipo sálvase porque Mugardos e Sada descenden voluntariamente, pero no 88 a caída é irremediable. O equipo é colista con so 6 puntos e volve á liga da costa, de aquelas a 1ª Rexional, onde a pesar de ser recen descendido non pode competir polo titulo e queda 5º.
O Fisterra campión da Supercopa ante o Flavia
As clasificacións históricas do Fisterra nestes anos foron as seguintes:
Os irmáns Geno e Amigo
O ano seguinte fomos os dous para o Fisterra, xunto con Joseíño que tamén era de Louro, e que xogou no Pontevedra e no Bergantiños en 2ª B.O Fisterra acababa de ascender a Rexional Preferente e ser campión da Copa da Costa. No 1º partido oficial co Fisterra fomos campións da Supercopa contra o campión da Copa do Sar. A final foi en Outes, gañamos 2-1, e tiven a sorte de marcar o gol da victoria.
Na 1ª tempada conquerimos o ascenso a 3ª división. Estivemos dúas tempadas na terceira e catro máis en Rexional Preferente. Total sete tempadas en Fisterra. Neste tempo estudaba na Coruña, e viaxaba en bus catro días a semana a adestrar a Fisterra. Os fins de aemana prácticamente xa os pasaba en Fisterra, sobre todo cando viaxábamos. Vivía na casa de Paco e Carlos do Atrós, tamén xogadores. Pódese decir que eles, ás súas irmáns, e os seus pais son a miña familia de Fisterra, ademais dos amigos inesquecibles que manteño.
Para aquela, aprobara as oposicións no Concello de Muros, e Eleuterio Balayo, Presidente do Muros, convenceume para quedar alí. É así foi. Estiven sete tempadas no Muros. Na segunda fomos campións de Liga e ascendemos a 1ª Autonómica, onde estivemos a maioría. Na costa non xoguei moito, creo que tres tempadas.
QPC - Vaia recordos, non? Aquela era outra época.
Dende o meu punto de vista, que un equipo coma o Fisterra xogara dúas tempadas en 3ª División e sete en Preferente, naquela época, contra equipos coma aqueles ten máis mérito que gañar unha liga ou unha Copa da Costa. Outros pensarán diferente. Recordar, que os equipos de Preferente non xogaban a Copa da Costa como agora.
QPC - Como chegaches ti ao Fisterra?
En pleno verán, chegou a casa un señor nun taxi, decindo que era directivo do Fisterra e que querían ficharnos aos dous, a meu irmán Amigo e mais eu. Convencemos aos nosos pais e aló fomos. Este Señor era Leoncio Olveira (Loncho), mandabao o adestrador naquel momento, que non era otro que Manolín, para ficharnos. Supoño que nos vería xogar e nos quería para o equipo. O final resultou que o adestrador non foi Manolín, senón, José López pero tamén quixo que nos quedáramos, e así foi. A raíz da nósa fichaxe o Lariño foi filial do Fisterra. Pasei toda a xuventude en Fisterra e actualmente vou sempre que podo, pero non fallo cada verán e cada Nadal a visitar a familia e amigos.
QPC - Como era a afición de aquela época?
UUff. Aquelo era incrible. O campo abarrotado, cada día de partido era festa desde pola mañá na Vila. Acudía xente de toda a comarca. De Louro ía medio pbbo, éramos tres de alí, Joseíño, Amigo e Eu. Estabamos no quecemento e xa estaban animando, se poñían os pelos de punta. Non necesitábamos que o míster nos motivara, con tanta xente e semellante ambiente saíamos a morrer, levabannos no aire. O contrario, fora quen fora, xa sabía o que se ía atopar. Tiñamos moita calidade, éramos moi solidarios en tódolos sentidos, sempre moi enchufados e esforzó ao límite. A día de hoxe manteño contacto con prácticamente todos, éramos e somos amigos.
QPC - O ambiente de fútbol en Fisterra debía ser tremendo. Xogábades en Ara Solis, non?
En Ara Solis, si, no mesmo lugar que agora pero de herba natural e con boas dimensións.
QPC - As viaxes ós partidos de visitante debían ser terribles, toda unha aventura.
Si. Iamos en bus, empresa Vázquez. As estradas de agora non teñen nada que ver con aquelas. Xogábamos por toda Galicia. Ás viaxes eran a mayoría de seis da mañá do domingo a unha da mañá do luns. Agotadores pero a ilusión podía con todo.
QPC - A pesar de que tiñades un gran plantes, que xogadores che parecen os mais destacados?
Éramos un equipo moi novo, de xogadores de calidade, moi compensado, e traballadores incansables. O que nos facía fortes era o grupo. O adestrador soubo manexar todo isto. Pero había dous xogadores que dende o meu punto de vista marcaban a diferencia. Miculita, un fenómeno como futbolista, completo, dominaba tódos os aspectos do xogo, pero sobre todo polo seu liderazgo no campo, o xefe, o que coidaba de nós. O outro era Paco Casais (Paco do Atrós), un superdotado, podería xogar onde quixera, de feito estivo no Barcelona. Cando tiñamos problemas dabamoslle o balón a el e era capaz de driblar ós once contrarios, unha cintura e unha calidade técnica espectacular.
QPC - Na Costa con quen tiñades mais rivalidade?
Co Cee. Pero non na Costa, o Cee tamén estaba en Preferente. Un equipazo, con Ínsua, Madriñán, Jorge Calabanda... Cada partido era unha batalla. Motivábame moito xogar contra eles.
QPC - Contanos algunha anécdota que che acorde?
Moitas. Pero quizáis unha das máis chamativas foi nun partido en Ara Solis contra o Pontevedra. Meu irmán “Amigo” xogaba de lateral esquerdo no Pontevedra e eu de medio centro no Fisterra. Había moitísima xente no campo e tamén os nosos pais.
Meu irmán incorporouse ó ataque co balón en conducción, rebasou ó noso interior, eu saín ó cruce, cheguei moi xusto, pero el conseguíu centrar. Caemos os dous ó chan. O centro foi rematado e acabou en gol. Ó meu irmán non lle deu tempo de celebralo do “ostión” que lle caeu. O problema foi que os nosos pais estaban en primeira fila, na varanda, e viron a historia. A miña nai non me falou nunha boa tempada e quíxome botar da casa. O meu irmán e eu seguimos ríndonos aínda hoxe.



- 79/80 Preferente: 10º Ascenso pola reforma da 3ª
- 80/81 3ª DIVISIÓN: 13º
- 81/82 3ª DIVISION: 19º Descenso
- 82/83 Preferente: 12º
- 83/84 Preferente: 11º
- 84/85 Preferente. 17º
- 85/86 Preferente: 14º
- 86/87 Preferente: 17º
- 87/88 Preferente: 20º
- 88/89 1ª rexional 5º.

