Venres. 19.04.2024
El tiempo

O FSF xa arrincou ao completo

O FSF xa arrincou ao completo
Fisober celebra un gol O Fisober sumou no doce exilio do Conco a segunda vitoria

Primeira fin de semana de outubro e xa temos o Fútbol Sala Feminino a tope. Na Liga Galega o Fisober sumou a segunda vitoria consecutiva no seu choque no doce "exilio" do Conco, nun partido no que mellorou algo na segunda metade.
Ademais, arrincou a Liga Provincial, con 4 equipos en liza. E fíxoo cun derbi que deparou a clara vitoria do potente Ponteceso FSF ante o Lira FSF. Pola súa banda, o Vila de Cee trouxo 3 puntos merecidos da complicada saída á Coruña ante as Espartanas, mentres o Atletes de Esteiro caía ante o Grupo Work na estrea en casa.

Nas categorías de arriba, Eva, a porteira de Merexo, quedou fóra da convocatoria co Burela da máxima categoría, mentres Patri, estreou temporada na 2ª Estatal con vitoria e con gol.

Atentos estaremos ao debut do equipo masculino da zona, o do Vila de Cee, que o dará ante en Monfero, nun choque adiantado da xornada 7, unha vez que o seu rival desta xornada, o Paderne, douse de baixa.

Liga Autonómica, xornada 2

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – BURELA PESCADOS RUBÉN “B” (4-1)
  • FISOBER: Leti, Ana, Inés, Noe, Paula Fandiño; tamén xogaron: Andrea Piroja, Nuriña, Laura, Tamara, Mai, Ale.
  • Goles: 1-0 Ana, 1-1 Lara, 2-1 Inés, 3-1 Ana, (descanso), 4-1 Inés.
Fisober ante o Burela B Fisober ante o Burela B

Partido correspondente a terceira xornada da Liga Galega feminina disputado no Pavillón Municipal de Dumbría nas instalacións do Conco e que enfrontou o Fisober e o filial do Burela Pescados Rubén.
Acadou a segunda vitoria consecutiva coma local o cadro costeiro desta vez no “exilio” de Dumbría completando unha gran tarde do sábado para os locais nas instalacións do Conco xa que tamén gañaron os xuvenís e cadetes do Dumbría.
O Fisober non saíu ca intensidade da semana anterior e notouse no xogo costeiro. A pesares de tal circunstancia non tardaron en adiantarse as locais cun gol de Ana os dous minutos.
Pouco durou a ledicia xa que non tardaron en igualar as da Mariña xa que tan so un minuto despois Lara facía a igualada nunha contra para o filial do Burela. Unha Lara que se mostrou como a xogadora máis incisiva e perigosa visitante. A pesar do dominio e das ocasións non estaba a xogar ben o Fisober. E sempre ca espada de Damocles das chegadas visitantes. Tivo que ser Inés quen os catorce minutos aproveitando un rexeite da porteira volvese a poñer en vantaxe as locais.
Cando se ía chegar o último minuto desta primeira metade unha xogada de pizarra local , desas que non solen saír , rematou con gol de Ana para o tres a un co que se chegou o tempo de lecer.

Na segunda metade encarou o partido con outra intensidade o conxunto local, pasando menos apuros en defensa e creando moitas máis ocasións en ataque. As locais desperdiciaban ocasións para pechar o partido. Iso deixaba a inquedanza de que un gol visitante volvera a igualar o partido. E non foi ata que a cinco minutos para o fin Inés fixo o definitivo catro a un que deixou os tres puntos na casa.


Liga Provincial, xornada 1

O Ponteceso FSF iniciou a 15-16 O Ponteceso FSF iniciou a 15-16
  • Resultado: Ponteceso FSF - Lira FSF (4-1)

Debut na Liga Provincial co derbi en Ponteceso, os as locais demostraron o seu potencial, e deron conta de que son, realmente, equipo da Liga Galega (lembren que renunciaron ao ascenso). Sandra, Chus, Noa e Carmen foron as goleadoras das da Vila de Pondal.


Liga Provincial, xornada 1

O Vila de Cee FSF 15-16 O Vila de Cee FSF 15-16
  • Resultado: Espartanas - Vila de Cee (2-5).
  • Vila de Cee: Carla, Adriana, Marta, María de Dumbría e Andrea. Tamén: María Lijó, Paula Leo, Serena e Laura.
  • Goles: Andrea (2), María de Dumbría (2) e Marta.

Comezaron as ceenses dominando o partido e conseguindo marcar os 2 minutos , aínda así o partido resultaba bastante duro con moitas faltas por parte do rival, o cal case non chegaba a crear perigo para as ceenses, as cales estaban a desperdiciar moitas ocasións de gol, xa faltando pouco para rematar a primeira parte, nunha das poucas chegadas do rival conseguen marcar un bonito gol de globo o cal pillou a porteira Ceense adiantada, así foron para o descanso cun empate 1-1.

Na segunda parte as rapazas do FSF Villa de Cee, saíron decididas a levarse o partido e a base de constantes chegadas conseguen marcar o 1-2, pero aínda así as Espartanas nunha xogada de fortuna conseguen empatar de novo 2-2 . As Ceenses non se renderon e fóronse decididas a resolver, creando innumerables ocasións, as Espartanas seguían a defenderse cerradas atrás e facendo moitas faltas, pero finalmente o bo xogo das ceenses na 2ª parte dou seu froito conseguindo marcar tres veces mais quedando o resultado final 2-5.

As estrelas nesta primeira xornada son: 3* para Andrea, a cal foi o motor do equipo, 2* para María de Dumbría, con dous goles e 1* para Marta con unha 2ª parte perfecta.


Liga Provincial, xornada 1

  • Resultado: AD Atletes Esteiro - Grupo Work FSF (2-8)

Non puideron as de Esteiro estrearse con vitoria ante a visita dun solvente Grupo Work, un dos que van estar arriba. As locais estiveron moi voluntarioras e pelexaron o que puideron, pero non puideron impedir que as herculinas se puxesen 0-2. Reducían vantaxe as Atletes cun golazo de Bárbara, que superou á porteira herculina, natural de Malpica, Bea. Aí tivo o partido na man o cadro esteirán, pero 1-3 antes do descanso fixo dano.

O Work saíu forte e marcou dous goles nada máis sair dos vestiarios. Bárbara marcada de novo outro golazo dende 20 metros e metía o medo no corpor, pero xa era demaisado tarde.

2ª Estatal, xornada 1

  • Resultado: CDE Mora FS - Viaxes Amarelle FSF (1-4).
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Dolo, Lucía Lago, Patri, María Gómez (cinco inicial), Laura Tesouro, Marta Hermo, Uxía, Ana, Xiana, Mariña, Luz (portera suplente).
  • Goles: 1-0 Pili (min. 13); 1-1 Patri (min. 24); 1-2 Laura Tesouro (min. 27); 1-3 María Gómez (min. 30); 1-4 María Gómez (min. 39).
Patri, segunda pola esquerda, marcou co Viaxes Amarelle Patri marcou co Viaxes Amarelle

Estreo en categoría e no grupo para o Viaxes Amarelle FSF e para Pili Costa dirixindo ao equipo, que lle custou un pouco entrar na dinámica do xogo, pero acabou sacando o partido adiante na segunda parte.

A primeira metade empezou co Viaxes Amarelle FSF tendo a posesión do balón e intentando xerar o perigo sobre a portería rival e así o fixeron. As locais deixaron xogar ás herculinas, pero non eran capaces de facer gol. As locais intentaban aproveitar as súas ocasións, aínda que a maior parte do xogo transcorría coa posesión do Amarelle na cancha das locais, estas foron capaces de aproveitar unha das súas ocasións para subir o 1-0 ao marcador aos 13 minutos de xogo por medio de Pili. As herculinas non eran capaces de ver o partido e non conseguían, por máis que o intentaban, facer o gol que as metese no partido e finalmente fóronse ao tempo de asueto con desventaja pola mínima.

Na reanudación, as laranxas seguiron tendo o balón e xerando o perigo pero empezaban a ser cada vez máis perigosas e aos catro minutos de xogo Patri conseguía poñer as táboas no luminoso, pero isto nos e ía quedar aí e uns minutos máis tarde sería Laura Tesouro a que conseguiría o gol que poñería ás herculinas, por primeira vez na tarde, por diante no marcador co 1-2. A falta de dez minutos para a conclusión María Gómez conseguía sumar o 1-3 que daba tranquilidade e deixaba máis preto os primeiros tres puntos da tempada. As locais non se viñeron abaixo e a falta de cinco minutos para final optaron por sacar xogo de cinco, aínda que non conseguiron xerar perigo suficiente para facer perigar o marcador, e a falta dun minuto, María Gómez aproveitaba a súa oportunidade para poñer o segundo seu da tarde e o 1-4, que ao cabo sería definitivo.


Máis información

Novas relacionadas

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios