O gol de Aarón en Baio fai que o Soneira poida ascender a vindeira xornada; na Liga da Costa, Fisterra foi o sambódromo prometido. Louro xa é de Segunda
O Fisterra venceu ante case un milleiro de seareiros - Foto: Darío Gómez
Acaba a tempada de 1ª Autonómica co
Soneira incapaz de ter derrotado ao seu veciño baiés, pero o destino pode volverse cruel, e sorrirlle aos vimianceses e facerlle unha señora 'putada' aos triunfadores morais dos derbis. Pintaban bastos para os de Manolito a falta de sete minutos, pero o gol de Aarón, unido á derrota do Cordeiro, deixa un panorama impagable para os seus intereses.
Se a vindeira semana son capaces de derrotar ao Unión na casa, e non vencen nin Sofán nin Cordeiro, serán novo equipo de Preferente. Pola contra, os baieses aínda teñen unha contrarreloxo de catro xornadas para gañar unha ou dúas posicións da táboa. E todo despois dun derbi intenso e que respostou á definición de clásico de calquera diccionario de fútbol. Outro triunfador do día foi o Sofán, que coa súa vitoria en Lesende, de paso, botoulle un cable ao propio Baio e a un Come que coa súa derrota en Piloño evidencia un momento difícil. Foi boa nova o punto dun Malpica que está a despedirse con dignidade da Primeira, mentres que o Outes apenas tivo problemas co colista. Un pasiño máis arriba, na Preferente, o Xallas prorrogou a súa xeira, de novo ante un candidato ao ascenso, e arrincou un punto de Paiosaco.
A festa, no sentido íntegro da palabra, segue a pasar pola recta da Anchoa. Ara Solis foi o sambódromo anunciado durante toda a semana, con case un milleiro de seareiros nunha grada paixoal e que vibrou coa goleada local ao Mazaricos. E non foi o único festexado en Fisterra, xa que o pouco agardado punto do Ponteceso en Verdillo deixa ao San Lorenzo sen marxe de erro, co cara a cara ante o Zas aínda na lontananza. Non fallou o Sporting, nunha dura tarde en Castriz solventada con éxito. E o outro campión da xornada ben pode ser o Porteño, goleador na 'final' co Buño, e que dun tempo a esta parte está a darlle á razón á directiva e ás súas incorporacións.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/jorgeparri/videos/10206182017371756/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
E volve o Louro á Liga da Costa. Un titular impensable hai pouco máis dun mes, xestado no gol de Gelo en Corcubión, e remachado cun traballado triunfo ante o Muxía. Os muradáns foron todo o ano capaces do mellor e do peor, pero non erraron na cita decisiva. O poderío ofensivo aguantou das dúbidas defensivas e o equipo dedicou o ascenso ao
pichichi Geiko.
O Montelouro adícalle o ascenso a Geiko, pichichi da categoría, que marchou de Erasmus
E na base, por outra banda, a Costa celebrou a vitoria do Dumbría en Areosa, que deixa matematicamente unha prórroga para a permanencia, case en forma de utopía.
Copa Xuvenil
Fisterra, Xallas, Camariñas e Ponteceso colleron boas vantaxes de cara a meterse nas semifinais nesta ida dos Cuartos da Copa da Costa Xuvenil, que sabedes tendes actualizada ao segundo en
Volta en Veteranos
Importante xornada esta na 1ª dos Veteranos, pois había enfrontamento directo na parte alta. O Soneira, 3º, visitaba ao líder no Conco, e arrincaba un empate, permitindo que o Milagrosa recupere o liderado tras vencer a un San Lorenzo que ata hai nada estaba aí arriba competindo por todo. Queda agora líder o Milagrosa, cun punto de vantaxe sobre o Dumbría e 5 sobre o Soneira cando restan 3 xornadas para o final.
 :
Novasrelacionadas
Máisinformación
Fonte