Sábado. 11.05.2024
El tiempo

O Máis Deporte, novo Campión da Liga de Fútbol Sala de Cee

O Máis Deporte, novo Campión da Liga de Fútbol Sala de Cee
O Mais Deporte campion da Liga de FS de Cee Costa da Morte 15-16 O Máis Deporte, campion da Liga de FS de Cee Costa da Morte 15-16

Non fallou ante o terceiro da táboa, e o Máis Deporte, despois de superar á Cantina e darlle a volta á competición, proclamouse este luns campión da Liga de Fútbol Sala Costa da Morte de Cee 2015-2016.

Fíxoo tras vencer por 5-1 ao Clínica Sar, nun partido que resolveu Juanjo, a estrella dun equipo que tamén conta con grandes nomes como Aitor, Marroco, Diego Cespón… Mantivo o porteiro Campos a súa meta a cero durante moitos minutos, pero o MáisDeporte non parou ata matar o partido e alzarse co título.

Queda a Cantina sen renovar o título do ano pasado, pero Bruno será o pichichi da 1ª División.

Na 2ª, hoxe martes hai partido clave entre Panadería Pichín e os dumbrieses Pub Nerio-El Armario de Marta. O que gañe será campión da 2ª. Pero ollo, que se perden os do Ézaro, ascendería o Estrella Roja.

Panaderia Pichin e Pub Nerio-Armario de Marta xoganse o ascenso Panaderia Pichin e Pub Nerio-Armario de Marta xoganse o ascenso

Novas relacionadas

Temporadas pasadas

Máis novas do FS

As táboas en www.futboldacosta.com

 

Fonte

Comentarios