Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O mar volveu á escola en Camariñas e Cee

O mar volveu á escola en Camariñas e Cee

Volve porse en marcha o proxecto "O Mar Na Escola 2011 Concello de Camariñas - Concello de Cee". Xa son máis de 160 rapaces de ambos concellos os que disfrutan de clases de navegación dentro do programa educativo, ademais das saídas ao mar das augas da ría de Corcubión e da ría de Camariñas a bordo dos barcos de vela de Cataventos Escola de Vela.

Un xeito este fantástico de achegar o mar ata os centros educativos, para que os nosos pequenos non crezan alleos á realidade mariñeira da Costa da Morte. Desta volta, no canto da pesca, o achegamento ao mar faise a través do deporte.

Participantes

Concello de Camariñas: 82 alumnos

  • CEIP O AREAL 5º e 6º - 29 alumnos.
  • IES PEDRA DA AGUIA 1º, 2º e 3º ESO - 34 alumnos.
  • CEIP PONTE DO PORTO 5º e 6º - 19 alumnos.

Concello de Cee: 82 alumnos

  • Colegio Manuela Rial Mouzo 1º Eso e 6º - 70 alumnos.
  • Eugenio López 6º - 12 alumnos.

O mar na Escola 2011

O Programa "O Mar Na Escola 2011" comenzou en marzo impartindo a cada un dos grupos participantes unha primeira sesión Teórica: Nomenclatura Náutica, Teoría da Navegación a Vela, O Vento, Mareas, Estado do Mar. Este ano se inclúese ademais o COIDADO e CONSERVACIÓN DO MAR.
Ademais deste achegamento teórico, nos vindeiros meses abril e maio levaranse á práctica os coñecementos aprendidos, co que se pretende unha interpretación máis profunda e sensibilización polo medio mariño.

Este proexecto realízase grazas á colaboración de Ferroatlantica e Cerdeimar que colaboran cos seus respectivos Concellos achegando aos escolares da zona ao mar e aos deportes náuticos.

Novas relacionadas

O Mar na Escola 2010

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios