O pinpon espállase pola comarca de Soneira
O pasado venres 16 de setembro de 2011, tiveron lugar no Pavillón de Zas, as presentación dos equipos de tenis de mesa do clube A. D. Anorthosis Vimianzo. Comeza unha nova tempada, para a cal o clube soneirán presenta, este ano 4 equipos (2 equipos máis que o ano pasado) nas ligas que aproximamente darán comenzo a primeiros de outubro).
Serán 2 os equipos de maiores, que este ano compartirán praza na 2ª galega: Anorthosis Vimianzo e Concello de Zas Angepón. Ademais, outros 2 competirán, por primeira vez na 3ª Galega: o Concello de Zas O Pinar, e o Concello de Zas P. Tívoli.
Cómpre resaltar nesta tempada a colaboración-patrocinio do Concello de Zas en 3 equipos (todos con xogadores de Zas). E tamén o esforzo da directiva da A. D. Anorthosis Vimianzo para que o tenis de mesa continúe e aumente na comarca.
O obxectivo para esta tempada é a de manter os dous equipos en 2ª galega e que se batan, collan ritmo de competición e experiencia, os nen@s do resto de equipos.
Non quedan aquí os participantes, e xa pensan no equipo feminino, que no seu momento tamén se inscribirá para competir en 2ª nacional (a máis baixa) en xornadas de concentración.
Novas relacionadas
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
- Doble sesión de tenis de mesa costeiro en Corme e Oroso.
- O pinpon volveu xuntarse en Zas no Torneo Ponciano Nieto.
- O Angepón consegue o ascenso á 2ª Galega.
- O tenis de mesa afiánzase como unha referencia na comarca de Soneira.
Fonte
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.