xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Piragüismo Dumbría volve con 4 medallas e un podium por equipos de Portugal

O Piragüismo Dumbría volve con 4 medallas e un podium por equipos de Portugal
Minchi Cundins do Piraguismo Dumbria Minchi Cundíns competindo en Cerveira

Catro medallas, dúas de ouro e dúas de plata, e un terceiro posto por equipos. Boa colleita a que trouxo o CDM Piragüismo Dumbría da súa participación na Copa Galega de Promoción celebrada en Cerveira (Portugal). Unha cita que recibía aos mellores equipos de Galicia e Portugal nunha cita puntuable tamén para o Campeonato Portugues de Esperanzas.

O CDM Piragüismo Dumbría acadou un fantástico terceiro posto por clubs, por detrás do Club Penedo de Tui e do Club Tea de Mondariz gracias ó bó desesmpeño dos seus rapaces. Practicamente todos quedaron clasificados entre os 5 mellores de cada categoría.

Sara Fernández e Aroa López fixeron doblete no K1 benxamín femenino, e Xesús Cundíns subiu ó podium coma o mellor Benxamín masculino. Pola súa banda Brais Sánchez foi segundo na categoría K1 Alevín masculino.

Os resultados poderían ter sido mellores, posto que algúns dos rapaces candidatos a medalla non estiveron moi acertados na primeira manga, pero na segunda as rachas de vento en contra lles impediron mellorar os seus resultados.

A vindeira proba desta competición se disputa a vindeira fin de semana en Monforte.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios