Luns. 09.09.2024
El tiempo

O Ponciano Nieto soña cun ascenso histórico para a comarca

O Ponciano Nieto soña cun ascenso histórico para a comarca
Equipo AD Zas Ponciano Nieto Membros do AD Zas Ponciano Nieto   Semanas importantes para o tenis de mesa da Costa da Morte. En breve poderíamos ter un equipo en 2ª Nacional, se o AD Zas Ponciano Nieto volve de Narón con varias vitorias. En 2ª Nacional compiten as mozas da Baña e do Aluminios Xeal, nunha categoría e a unha idade que están máis preocupadas de aprender que de gañar. En 1ª Galega o AD Zas Construcciones Cernadas quedou 5º clasificado. Dan por moi boa a campaña os zaseiros pois non esperaban quedar tan arriba na clasificación. Agora, toca ir polos torneos e campionatos galegos.

3ª División Nacional - Fase de ascenso á 2ª nacional

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Gálmédica Ourense TM (0-6).
  • Resultado: AD Zas Ponciano NIeto - Hotel Chips Narón (0-6).
  • Resultado: AD Zas Ponciano NIeto - Club San Xoán Veteranos (5-1).
Forte derrotas as sufridas polo AD Zas Ponciano Nieto nos primeiros partidos do domingo. Afortunadamente resolviu contra San Xoán e acadou os dous puntos que aínda o seguen mantendo con opcións de ascenso e nesta victoria tivo moito que ver Brais Blanco que remontou por dúas veces un 0-2 en contra. Miguel e Gonchu acadaron os outros puntos pero non tiveron o seu día ao igual que Andrés Fagín. Agora só queda esperar esa melloría para o vindeiro domingo 2 de abril en Narón e traer un mínimo de tres puntos para soñar cun ascenso que sería histórico para a comarca. Os rivais que lles quedan son perfectamente asequibles para conseguir eses puntos, pois tanto contra Lalín coma coma Helios xa os conseguiron noutra concentración. O estado de ánimo será determinante para acadalos.

1ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Construcciones Cernadas - Conxxo Ponte de Ferro (3-3).
Bo remate da tempada regular no 5º posto, tras empatar no último encontro contra Conxo (4º) e a piques que estiveron de sacarlle ese posto pero o nerviosismo non lle deixou rematar a faena a Raúl despois de xogar moi bos partidos.

2ª División Galega

  • Resultado: Liceo Noia "E" - Santa comba (6-0).
  • Resultado: RC A Estrada "B" - Concello Mazaricos (0-6).
  • Resultado: RC A Estrada - Concello Mazaricos (4-2).
En 2ª galega, cómpre destacar o tropezón do Concello de Mazaricos en A Estrada que o vai relegar á 3ª posición a pesar de que de momento estea de primeiro, pero porque os demais aínda teñen encontros pendentes.

2ª Nacional Feminina

  • Resultado: Club Narón TM - Aluminios Xeal (3-1).
  • Resultado: TDM Concello de Vilalba - Aluminios Xeal (3-0).
  • Resultado: Escola Cidade de Narón - Aluminios Xeal (2-3).
  • Resultado: Sanjurjo Moda de Vilalba - Aluminios Xeal (3-0).
  • Resultado: Club San Xoán Deporte Galego - Aluminios Xeal (2-3).
  • Resultado: Escola Cidade de Narón - SD A Baña (3-1).
  • Resultado: Sanjurjo Moda - SD A Baña (3-0).
  • Resultado: TDM Concello de Vilalba - SD A Baña (3-1).
  • Resultado: Club San xoan Deporte Galego - SD A Baña (3-1).
  • Resultado: Club Narón - SD A Baña (3-1).
Tamén rematou a 2ª Nacional Feminina, categoría para que as nenas empecen na competición e desfrute do tenis de mesa. E a verdade é que sí desfrutaron e moito, sobre todo as de A Baña que no seu debut acabaron encantadas e para a seguinte temporada repetirán. Aluminios Xeal conseguiu tres vitorias pero estas (que sempre se queren acadar) non son o primordial. Un exemplo é que ningunha delas querería xogar no equipo que quedou primeiro, outros aspectos son máis valorados. Equipos de tenis de mesa Aluminios Xeal e SD A Bana Chicas do Aluminios Xeal e SD A Baña  

Vindeira cita

3ª nacional Fase de ascenso o domingo 2 de abril en Narón As 10'30 h. AD Zas Ponciano Nieto - Liceo de Noia "B" As 15'30 h. AD Zas Ponciano Nieto - CTM Lalín As 17'45 h. AD Zas Ponciano Nieto - Helios Asesoría Serinte (de Vigo) 2ª división galega sábado 1 de abril As 18'00 h. Concello Mazaricos - AD Zas O Pinar (no pavillón de A Picota) As 17'00 h. Santa Comba - Vimianzo TM (no recinto feiral de Santa Comba) E despois tocan os campionatos galegos por categorías aos que irán 18 deportistas da comarca e varios participarán en dúas categorías distintas. As medallas estarán dificiles pero o obxectivo e traer algunha.

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.

Comentarios