Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O Rodeiro, un campo de época

O Rodeiro, un campo de época
orrodeiro-camelle-campo

Son moitas as lembranzas que quedan entre as xentes de Camelle daquel equipo que fora "o máis goleado de toda España!!!". Polo menos, como din por alí, "temos o récord en algo". O Campo do Orrodeiro de Camelle xa vivíu de todo, ata unha marea de bloques de cemento máis grandes que unha casa.
Esa foi unha das historias dun campo ao que os xogadores chegaban bébedos, e no que o fútbol non era o principal.

O fútbol e o cura

Pero unha das historias máis recentes e curiosas as protagoniza o cura da parroquia. Xa son moitos os anos cando o pobo camellán donara os terreos para construir o campo. Sen que se notase moito, o cura rexistrara a nome do Arzobispado de Santiago o campo no rexistro da propiedade. A xente non reparara na cuestión.

Si reparou a xente o ano pasado. Co gallo das obras do novo dique no porto, o cura alugou o campo de fútbol a Construcciones López Cao, para almacenar os bloques de formigón que formarían o dique. Eran uns 5.000€, que o cura asumíu seus e da igrexa.

Non pensaban así dende a Asociación de Veciños A Pergoliña, que reclamou esos cartos para o pobo. Pero o cura non estaba pola labor de darllos çá asociación e ata o programa de Farruco da TVG "Vivir aquí" achegouse por Camelle.

A Asociación asesorouse e ata foi ao Rexistro da Propiedade para informarse de si efectivamente ese terreo era do cura. E efectivamente, ese terreo non era de ninguén e o cura rexistrouno a nome do Obispado de Santiago.

Camelle F.C.

Hai tempo, dende o blog Quepasaencamelle xa teñen preguntado pola posibilidade de resucitar o Camelle F.C.. Disque a xente apoiaba a iniciativa maioritariamente, pero "a falta de empresas (máis ben cartos) no pobo, a perda de poboación e outros factores fan case imposible que o Camelle F.C. volte a saír na prensa deportiva", como nos conta Marcos Baña.

Un dos detalles máis simpáticos, é que o cura asegurara que cos cartos do aluguer á empresa Construcciones López Cao, devolvería á vida ese equipo de fútbol en Camelle... Por Camelle non confían moito nesta posibilidade e se conforman con disfrutar destas imaxes.

orrodeiro-camelle-cantina orrodeiro-camelle-grada orrodeiro-camelle-percha orrodeiro-camelle-porteria-2 orrodeiro-camelle-porteria orrodeiro-camelle-taquilla orrodeiro-camelle-terreo orrodeiro-camelle-vestiario orrodeiro-camelle-vestiarios orrodeiro-camelle-bater

Fonte

Comentarios