sábado. 22.03.2025
El tiempo

O San Paio de Refoxos acolle esta fin de semana o Torneo F8 UC Cee

O San Paio de Refoxos acolle esta fin de semana o Torneo F8 UC Cee
Torneo F8 UC Cee

Sen parada para os peques da Costa. Tras unha pasada fin de semana chea de competicións, este vindeiro sábado 17 de maio toca trasladarse ao San Paio de Refoxos. Alí terá lugar, a partir das 09:30h o Torneo de Fútbol 8 SRD Unión Club Cee, acollendo a 12 equipos de 6 vilas da comarca, das categorías Biberón, Prebenxamín, Benxamín e Alevín.

A mañá será o turno dos Benxamíns e Alevíns. En Benx. participarán os Cee, Dumbría, Fisterra e Lira; mentres que polos Alevíns estarán os equipos de Cee, Dumbría, Corcubión e Fisterra. As finais serán ás 11:30h para os Benx. e ás 12:30h para os Alev, e cando rematen terán lugar a entrega de trofeos e medallas

Xa pola tarde, dende as 15:00h, saltarán os Biberóns, nos que xogarán equipos de Cee, Lira e Fisterra. En Prebenxamíns teremos dous equipos de Cee, un de Fisterra e outro de Corcubión e a finalísima se disputará ás 16:45h, antes do último partido de Biberones. A entrega de medallas será ás 18:00h.

Horarios do Torneo UC Cee

Torneo Cee

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios