Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O sol propón un fermoso sábado de Autocross en Santa Comba

O sol propón un fermoso sábado de Autocross en Santa Comba
autocross santa comba 2017

O vindeiro sábado 18 de marzo, os vehículos máis rápidos do país volverán roer as pistas do circuito de Marlán. Chega o XXXIII Campionato Galego de Autocross a Santa Comba nunha cita imprescindible para os amantes do motor, que virá acompañada ademais polo bo tempo.

Falamos con Silvio, presidente da organizadora “Escudaría Amigos do Motor”, que recoñece que a crise está facendo dano neste mundo, e que xa non son os tempos nos que había 60-70 inscritos nestas probas pubtuables para o circuito galego. Polo de pronto son 28 os que competirán en Marlán, entre os que estarán os mellores do país, como Diego Mantiñán, Celestino Iglesias ou Daniel Mariño en carcross.

En todo caso, vai estar bo tempo e esperan superar o milleiro de afeccionados no circuito. A xente xa empeza a chegar ao circuito ás 9:00h para ver as verificaciçóns, se ven a partir das 12:30h comezan as clasificacións, e as finais arrincan ás 15:30h, co cumio sobre as 18:00h.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios