Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O valor do adestrador

O valor do adestrador
pizarra de adestrador Se hai algo que sabemos todos en este país e ser adestrador e político, cando sacamos a lingua a pacer non existe crise económica ou deportiva que non consigamos arranxar, pero do que imos tratar esta esta vez vai ser a figura do adestrador. Décadas atrás a maioría que tiña ese cargo era o que lle gustaba o fútbol e a parte tiña tempo para facelo, sen máis nivel de experiencia que velo na televisión ou de xogar nos seus tempos, formando equipos e xogadores coa única intención de ser competitivos e a ser posible gañar os partidos. Chegados a este momento actual cando máis que nunca os adestradores están preparados e teñen un coñecemento e estudo do fútbol elevado, ao ser xa obligatorio o título de nivel 1 para dirixir a calquera equipo, recollen xogadores de calidade pero sen leccioós básicas de fútbol, de colocarse nun terreo de xogo, de coberturas, repliegues, presión, etc.. dificultando poñer en práctica no verde o que estudaron. Outro escollo do míster da Costa é a propia Costa. Grandes xogadores pero moi pouca implicación no traballo semanal, non hai esa educación e compromiso por adestrar, e a parte o tema de estudios e traballos fóra da zona que tamén complican os adestramentos, deixando case sempre únicamente os venres para ter completa a plantilla, e poñer en marcha todos os quebradeiros de cabeza que pasan durante a semana para idear a forma de gañar os seguintes partidos. O míster ten que lidiar con 25 persoas cada un do seu pai e súa nai que maioritariamente non cobran, (sacando algún caso excepcional de equipos costeiros que si teñen ese poder económico) e facer sentilos a todos importantes e útiles dentro do equipo. Pero máis importante é saber gañarse o respeto de esos xogadores, que o vexan coma unha autoridade que busca o mellor para o grupo e para eso ten que ter moita psicoloxía e ser sempre claro nas decisions tratando a todos por igual. Iso baséase en otorgar esos minutos no campo o domingo, esas titularidades que se teñen que gañar durante toda a semana, a veces a afección reclama os teóricos «cracks» que se cadra ese día están no banco e non saben o motivo, pois pode ser que non acudisen os adestramentos e o míster ten que priorizar, gañarse o respeto do seu plantel ou da súa afección, e todos elixen o plantel co que comparten 10 meses de traballo case diario. Pero tampouco podemos olvidar que no fútbol o eslabón máis débil é o adestrador, se os resultados estan lonxe dos obxetivos marcados a directiva ten o poder da destitución ou ratificación, pero nunca en ningún caso meterse no traballo e decisión sobre as alineacións. Ser adestrador nestes niveis do fútbol é moi complicado, pero pouco a pouco todo se vai profesionalizando xa con grandes traballadores desde a categoría do fútbol base.
  • Anxo Garrido. @Anxo_GB

Outros artigos de Anxo Garrido

#Regateegol

Máis video entrevistas de Anxo Garrido

Fonte

Comentarios