Luns. 23.09.2019
El tiempo

O Volei Dumbría adica a vitoria e a 2ª praza ao seu presidente

O Volei Dumbría adica a vitoria e a 2ª praza ao seu presidente
Volei Dumbria en Vigo O Volei Dumbría tamén venceu en Vigo

Gran vitoria do Volei Dumbría na 8ª xornada do grupo A de a Superliga 2 de voleibol masculino estatal. Ata Vigo desprazábase o conxunto de Luís Alberto Fernández para enfrontarse no Pavillón de Coia ao CV Vigo, e tras un choque non apto para cardíacos, os dumbrieses acababan vencendo por 1-3, con parciais d

Vitoria fundamental ademais pois falamos dun rival directo da zona alta, e os dous equipos apenas fican separados tan só por 2 puntos na táboa clasificatoria, polo que en xogo había 3 puntos fundamentais para calquera dos dous bandos. Os dumbrieses buscaban afastar un pouco máis aos vigueses e seguir loitando por ocupar os postos altos da táboa, mentres que os vigueses buscaban adiantar aos dumbrieses na táboa e empezar con bo pé os 3 partidos complicados que lle faltaban para finalizar a primeira volta.

O choque tivo ademais o seu momento emotivo, e iniciábase cun minuto de silencio en memoria de Joaquín Ferrío, pai do presidente dumbriés César Ferrío. Para el foi adicada a vitoria.

A táboa está partida en dúas partes. 6 equipos loitarán polas dúas primeiras prazas, se ben o Emeve está destacado con 24 puntos (8 vitorias en 8 partidos e só 2 sets cedidos). Os dumbrieses quedan a 4 do cadro lucense, e cun punto de vantaxe sob Badaxoz e 3 sobre o Cáceres, que ademais teñen un partido máis. Pechan o grupo cabeceiro Rotogal Boiro e Vigo.

CV Vigo - Volei Dumbría (1-3)

  • Parciais: 24-26, 25-27, 26-24 e 21-25.
Os xogadores de Luís Alberto Fernández querían dedicarlle a vitoria ao seu presidente e sairían a por todas desde o primeiro minuto, pero ese exceso de motivación pasáballes factura con demasiados erros non forzados. O set chegaría igualado ao seu parte final con empate a 22 no marcador pero dúas accións acertadas de Dani Muñoz en ataque colocaría o marcador no 24-26 final. No segundo set os dumbrieses levarían a iniciativa desde un principio colocándose cunha vantaxe de 20-24 e cando todo parecía encamiñado para lograr a vitoria os vigueses conseguirían empatar o set a 24 grazas ao seu gran bloqueo e aos erros en ataque dos dumbrieses. Nesta ocasión sería Néstor González quen tiraría do carro nos momentos finais e colocaría o 25-27 no marcador. O terceiro set sería un calco do segundo cun Voleibol Dumbría por diante no marcador 19-22 e, nunha nefasta rotación, os locais dar a volta situándose 24-22 e levándose o set por 26-24. No cuarto set os dumbrieses aprenderían dos erros cometidos nos sets anteriores e non deixarían que os vigueses achegásense a finais de set, e encabezados por un gran Néstor González (27 puntos no partido) e Dani Muñoz (22 puntos) lograrían a vitoria final por 21-25. Na próxima xornada, o Voleibol Dumbría enfrontarase ao Calasancias o sábado día 8 ás 18:30 no PM Conco de Dumbría.

Individualidades

No eido individual, Unai Larrañaga está entre os 6 mellores “líberos” da categoría; Néstor é o segundo mellor “opuesto”

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-volei-dumbria-alonxa-un-rival-da-zona-alta-e-prepara-o-gran-choque-ante-o-emeve/ “O Volei Dumbría segue arrasando na SuperLiga 2” — Que pasa na costa

Comentarios