Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Volei Dumbría alonxa un rival da zona alta e prepara o gran choque ante o Emeve

O Volei Dumbría alonxa un rival da zona alta e prepara o gran choque ante o Emeve
Voley Dumbria 18-19 Invicto mantense o Voley Dumbría na SM2

Importante vitoria do Voleibol Dumbría ante Estremadura Cáceres PH por un novo e rotundo 3-0. Son xa 4 vitorias por este resultado (que suma 3 puntos na táboa) e outra por 3-1 (que suma 2) nos 5 partidos que leva o cadro dumbriés, o que lle permite manterse a un só punto do Emeve Lugo na táboa da SuperLiga2. Un Emeve que recibirá aos da Costa da Morte o vindeiro sábado na primeira gran final do curso.

Non foi menos importante o choque desta pasada 6ª xornada da SM2. O Conco de Dumbría recibía ao terceiro clasificado da competición, invictos ata o momento ambos conxuntos e empatados a 11 puntos. O pavillón dumbriés presentaba unha gran entrada e os numerosos afeccionados que se fixeron notar e levaron en volandas ao equipo local para conseguir esta importantísima vitoria. Xa se vai creando un grupo de siareiros fieis ao club dumbriés e a este deporte.

Gran ambiente no Conco para ver o Voley Dumbria Gran ambiente no Conco para ver o Voley Dumbria

Empezaron moi fortes os xogadores locais, cun gran Dani Muñoz inspirado en ataque, non dando opcións ao equipo extremeño que vían como o primeiro set caía ao lado dos dumbrieses por un contundente 25-17.

Lonxe de desanimarse, os xogadores de Juan Luís Cabanillas tirarían de casta e sairían moito máis inspirados no segundo set, chegando por diante 21-24 á parte final do set. Pero os dumbrieses animados polo seu público dar a volta ao marcador e nesta ocasión sería Néstor González o que se poñería o equipo ás súas costas para lograr a remontada por 28-26.

No terceiro set os xogadores de Luís Alberto Fernández sairían dispostos a non desaproveitar a oportunidade de conseguir unha nova vitoria que lles permite seguir invictos na clasificación e volverían impoñer o seu ritmo de xogo para conseguir pechar o partido cun parcial de 25-21 logrando un resultado de 3-0 ao seu favor que lles permite continuar na parte alta da clasificación.

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-volei-dumbria-segue-arrasando-na-superliga-2/ “Volei: Líderes” — Que pasa na costa

Comentarios