O Volei Dumbría ratifica en Tenerife a permanencia na categoría de prata do volei estatal
Era a viaxe máis esperada da tempada. E a volta non puido ser máis doce. Nun espectacular último punto, dun tenso último set dun emocionantísimo último set, o Volei Dumbría conseguía unha vitoria en Tenerige que certifica con estes 2 puntos a permanencia na SuperLiga2, a categoría de prata do voleibol nacional, cando faltan dúas xornadas para o remate.
O partido, que debía de disputarse o sábado día 4 ás 19:30 hora canaria tivo que aprazarse para o domingo 5 ás 11.00 hora local, debido ao forte temporal que sacudiu Galicia na noite do venres, xa que o voo que debía transportar aos xogadores dumbrieses saíu con case 24 horas de atraso. Desde o club dumbriés queren agradecer o trato e as facilidades da directiva do Arona Tenerife Sur para aprazar devandito encontro, do mesmo xeito que ás Federacións Galega e Española.
Trala atarefada viaxe, e con tan só 6 horas de descanso antes do partido, os xogadores dumbrieses plantaron cara ao potente equipo canario e venceron por un axustado 2-3 con parciais de 25-11, 14-25, 25-20, 21-25 e 13-15.
O inicio do encontro sería complicado para os xogadores galegos, xa que non atopaban as sensacións necesarias para competir a este nivel e víronse desbordados polo arreón inical dos canarios que se levaron o primeiro set con suma facilidade. Todo cambiou a partir do 2º set, xa que o equipo dumbriés encabezado por un gran Daniel Muñoz en ataque poñería a igualdade no marcador. No terceiro set, o gran número de erros non forzados dos galegos, sobre todo ao saque, impedíronlle poder pelexar o set. No cuarto volverían cambiar tórnalas e sen cometer apenas fallos os dumbrieses conseguían empatar no marcador e chegar ao xa tan coñecido tie break, para os xogadores de Juan Carlos Suárez e Luís Alberto Fernández. No quinto e definitivo set os locais levarían a iniciativa ata o empate a 9. A partir de aquí os dumbrieses dar a volta ao marcador e poñeríanse por diante 11-13 con tres grandes accións de Daniel Muñoz, vantaxe que manterían ata o 13-15 final.
A vindeira xornada, en Valladolid o 18/02 ás 20:30h.
Máis información
Crónicas do Volei Dumbrçia
- A afección aúpa ao Volei Dumbría cara a permanencia.
- Volveu o volei máis vibrante ao Conco.
- O Volei Dumbría completa unha dura e competida primeira volta da SuperLiga2.
- A canteira do Volei Dumbría tamén responde.
- O potente UVA non deu opcións ao Volei Dumbría.
- Volei: Unha montaña rusa de compromiso.
- Néstor, a fichaxe venelozana do Volei Dumbría, comeza a demostrar o seu poderío.
- O Volei Dumbría abónase ao 3-2 da man dun gran Néstor González.
- Unha derrota e un empate para as categorías inferiores do Volei Dumbría.
- Unha remontada épica para soñar.
- O Volei Dumbría volve á crúa realidade da SuperLiga2
- O Volei Dumbría engancha á afección no histórico debut en SuperLiga2.
- O Volei Dumbría comeza a súa histórica andaina pola SuperLiga2.
- O Volei Dumbría xogará na Superliga 2.
Fonte
- Volei Dumbría.