venres. 08.11.2024
El tiempo

Os calendarios de Pref. e 1ª estrean a tempada 2016/2017 en www.futboldacosta.com

Os calendarios de Pref. e 1ª estrean a tempada 2016/2017 en www.futboldacosta.com
Xa temos en marcha a nova temporada, e a plataforma www.futboldacosta.com xa volve estar a pleno rendemento. Iremos publicando os calendarios segundo os vaian facendo públicos a Federación, e xa arrincamos coa Preferente Norte e a 1ª Autonómica.

A Preferente

calendario Preferente 16/17 A Preferente Norte 2016/2017 arrinca con 20 equipos (3 costeiros, Xallas, Soneira e Sofán) o 28 de agosto. O Soneira, na súa volta á categoría, empeza recibindo a todo un Bertamiráns. O Xallas visita ao recén ascendido Polvorín. Mentres o Sofán estrea categoría visitando ao Estudiantil. Non se fará agardar demasiado o primeiro derbi, que se celebrará na 3ª xornada en Vimianzo entre Soneira e Xallas. Ademais, o primeiro derbi dos carballeses será en Vimianzo na xornada 9. Hai doble xornada na segunda semana de outubro, con partidos o 9 e 12. Pero hai parón polo Nadal do 18 de decembro ao 8 de xaneiro, por Semana Santa entre o 9 e 23 de abril. A liga rematará o 28 de maio. Unha Preferente que, por certo, demostra o poderío do fútbol bergantiñán, coa presencia de 4 equipos da comarca de Bergantiños (ademais de Sofán, estarán Laracha, Paiosaco e Arteixo).

A 1ª Autonómica

futboldacosta 1 Auto 16-17 Pola súa parte, o Gr.2 da 1ª Autonómica, con 18 equipos (4 costeiros, Dumbría, Outes, Fisterra e Zas), comeza o 4 de setembro. O primeiro derbi da 1ª será na 2ª xornada entre Zas e Dumbría en San Andrés. Un Dumbría que repite a seguinte semana recibindo ao Outes. O esperado Fisterra-Dumbría será na xornada 11. Haberá un parón por Semana Santa entre o 9 e 23 de abril, e mais un gran parón no Nadal, do 18 de decembro ao 8 de xaneiro, e a liga rematará o 14 de maio.

Máis información

Todos os calendarios actualizados en:  

Fonte

Comentarios