Os campións de Xuvenís, Cadetes e Infantís afrontan a primeira proba Fase de Ascenso á Liga Galega


Xa temos en www.copadacosta.com a primeira parte das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil. Os 3 campións enfrontaranse na primeira de dúas eliminatorias aos campións da Coruña. Unha eliminatoria que se celebrará integramente esta fin de semana (venres e domingo). O que gañe esta previa pasará a outra eliminatoria final. O que perda terá que volver a Oitavos co resto de equipos e pasar 3 novas eliminatorias para ascender.
Os dous 2º clasificados de Xuvenís e Cadetes tamén teñen os seus rivais esperando para a primeira emiliminatoria que se disputará 20 e 27 de maio, pero teñen que superar 3 eliminatorias para ascender.
O sorteo das seguintes eliminatorias se realizará o 29 de maio ás 20:00h
Xuvenís
Os Xuvenís das Pedreiras, no ano da súa estrea na categoría, terán en fronte a todo un Imperátor, un dos equipos máis potentes da capital herculina. Comeza a batalla na Coruña e o domingo, o campo de Verdillo acollerá unha fermosa finalísima a partir das 12:00h. Se pasan terán que superar unha nova eliminatoria; se perden, outras 3.
Mentres, o Xallas, 2º clasificado, arrinca o 20 de maio a fase ante o Olímpico, na primeira das 3 eliminatorias que ten que superar para ascender.
Cadetes
Mentres en Cadetes, en plena Copa, o potente Fisterra afronta 3 partidos esta de semana. O mércores adianta a Copa ante Os Miúdos, para enfrontarse venres e domingo ao San Tirso por unha praza na eliminatoria final.
Precisamente o equipo muradán foi o segundo da táboa, comezará a fase o vindeiro 20 de maio, tamén en plena Copa, enfrontándose aos Miúdos.
Un único representante en Infantís
A pesar de que teríamos dous grandes representantes na Fase como son Cee e Outes, só o primeiro da Liga ten praza nestas eliminatorias. O equipo ceés adiante a Copa a este mércores (xa solventou o seu pase a semis vencendo 7-0 na ida ás Baleas) para afrontar venres e domingo a cara de can ante o Imperátor. Se vence, terá un só chanzo máis cara a Liga Galega. Se non, poderá volver intentalo dende Oitavos.
Novas relacionadas
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- O cadro da Copa da Costa sempre en www.copadacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC
- Fotos de José María Suárez