Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Xuvenís: As Pedreiras e Xallas non fallaron e xogarán a Fase de Ascenso á Liga Galega. Hoxe é o sorteo da Copa

Xuvenís: As Pedreiras e Xallas non fallaron e xogarán a Fase de Ascenso á Liga Galega. Hoxe é o sorteo da Copa
Xuvenis das Pedreiras Os Xuvenís das Pedreiras, grandes protagonistas da tempada con doble título e pase á Fase de Ascenso na súa primeira tempada da categoría Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís

Non fallaron carballeses e xalleiros na última xornada. Partían con vantaxe sobre o Ponteceso (2 puntos para As Pedreiras e só o golaveraxe individual os verdes), e non desaproveitaron a ocasión de meterse na Fase de Ascenso vencendo os choques en Cee e en Outes. O Ponteceso, vendo o que pasaba nos outros campos, deixouse ir e acabou empatando ante o Coristanco.

Sen tempo para descansar, esta tarde faise o sorteo da Copa da Costa Xuvenil 2017, no que só non estarán os dous peores 4º clasificados: Corcubión e Camariñas.

 

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, xornada 10

 

Cee - Xallas (0-1)

  • Cee: José Carlos, Adri, Rubén Senlle, Rubén Castillo, Hugo, Xavi, Jon, Isma, Samu e Pablo. Tamén: David, Xabi, Brais Lagoa e Carlos.
  • Xallas: Coke, Danis (Fran), Chiki (Peke), Raúl, Alberto, Martin, Juanjo, Carlos, Thiago(Manu), Rieiro (Grille) e Rachón.
  • Goles: 0-1, m.33: Carlos Rieiro.

Partido no que o Cee non se xogaba nada e saíu relaxado, ante un Xallas que foi a polo partido desde o principio pero moi impreciso e excesivamente precipitado cara a porta rival. Tres ou catro claras precederon o gol de Riero que sería definitivo. Na segunda máis do mesmo aínda que o Cee creáballe máis perigo os visitantes con balóns longos ás costas da defensa, aproveitando a velocidade dos seus puntas. O Xallas seguía intentando matar o partido pero sen acerto, e tocou sufrir ata o final para gozar do pase.

O Xallas sufriu pero acabou celebrando o pase á Fase en Cee O Xallas sufriu pero acabou celebrando o pase á Fase en Cee  

Ponteceso - Coristanco (2-2)

  • Ponteceso: Damián, Brais Ceán, Iván Cousillas, Ismail, Jorge, Luca, Lucas, Aarón, Iván Rod., Aday, Carlos. Tamén: Pop, Víctor Deus e Arturo.
  • Coristanco: Dani, Esteban, Mircea, Sergio, Cristian, Braian, Álex, Carlos, Iván, Jose e Castro. Tamén: Anido, Adrián RR, Álvaro e Iago.
  • Goles: 1-0, m.13: Aarón; 2-0, m.32: Iván Rodriguez; 2-1, m.37: Sergio; 2-2, m.72: Braian.

Comezou forte o Ponteceso sabendo que necesitaban gañar e esperar un tropezo dos de arriba, mentres o Coristanco deu minutos aos menos habituais. Moita loita no medio campo cun cadro local mandón ante un sempre aguerrido Coristanco, e chegadas polas bandas ás dúas áreas. Pegou primeiro o equipo de Gurita pero o Coristanco recurtaba antes do descanso deixando o partido aberto.

Na segunda estivo mellor o Coristanco que aproveitou o baixón de tensión dos pontecesáns vendo que os rivais non fallaban. Pero era un partido de fermosas combinacións, fresco e alegre, que remataba co empate.

 

Outes - As Pedreiras (1-6)

  • Outes: Adrián (Siro), Álvaro (Sergio Nieto), Simón, Joel, Alberto, Saul, Mateo, Adan, Fabio, Serxio e Fran (Gorgal).
  • As Pedreiras: Benja, David, Diego, Ferreiro, Dani Cotelo, Jose Pazos, Aarón, Iván, Alex, Brais Cancela e Yago. Tamén: Rubén, Ángel, Alberto e Vázquez.
  • Goles: Fabio para o Outes; Jose Pazos (3), Brais Cancela (2) e Alex para As Pedreiras.

Partido con moito publico na grada e bo ambiente, con moitos chegados dende Carballo para ver aos seus proclamarse campións. O partido foi intenso para os dous equipos, máis do que sinala o marcador, no que os visitantes estiveron máis acertados, e xa deixaron sentenciado o partido na primeira metade, cun José Pazos estelar, facendo 3 goles, un dende fóra da área, un de vaselina e outro olímpico. Brais Cancela tamén fixo un gran partido e Benja parou un penalti.

As Pedreiras campion As Pedreiras celebrando  

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Comentarios