Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Os Gorrións seguen voando moi alto na Liga de FS de Mazaricos

Os Gorrións seguen voando moi alto na Liga de FS de Mazaricos
Yoni Tuñas - Pescalo da Liga FS MZ Imaxe do choque Yoni Tuñas - Pescalo da Liga FS MZ

Seguen as Ligas de FS da Costa da Morte tremendamente vividas. A semana pasada arrincaban as segundas fases das ligas carballesas, mentres por Malpica e Corme-Ponteceso seguen a pleno rendemento. E unha vez decidida a Liga de FS de Cee, toca ver como andan por Mazaricos.

No pavillón da Picota seguen sendo os Gorrións os máis rápidos. Con 22 puntos lideran a táboa, con 3 de vantaxe sobre o Alborada despois de vencer ao pechacancelas.

Aínda quedan 5 xornadas por diante cando Molinos, do líder, é o máximo goleador con 18 tantos, por diante de Fran Atán da Avepa e Álvaro Cancela do Deluxe, con 14. Outro coñecido do fútbol costeiro como Matías Ramos, suma 12 goles co seu Alborada, empatado con Rafa Lavandeira, do Corvinho.

Yoni Tuñas - Pescalo da Liga de FS Mazaricos Yoni Tuñas - Pescalo da Liga de FS Mazaricos O Corvinho - Alborada da Liga de FS de Mazaricos O Corvinho - Alborada da Liga de FS de Mazaricos

Novas mazaricás

Máis novas do FS

As táboas en www.futboldacosta.com

 

Fonte

Comentarios