Os mariñeiros do Club Xadrez Cabo Touriñán ascenden á Liga Galega
O Club Xadrez Cabo Touriñán de Muxía acadou un fantástico ascenso á 2ª División da Liga Galega de xadrez, despois de rematar en segundo lugar na clasificación final. Grande fito para a bisbarra que volve siturase no epicentro do xadrez no país.
Este clube, formado na súa maioría por percebeiros e mariñeiros, acadou, non sen traballo, ascender á 2ª división despois de manterse ata a última xornada no primeiro posto.
Das rochas ás táboas
Estes homes que durante a semana reinan os golpes de mar a bordo dos seus barcos, na fin de semana, coa cara queimada polo nordés e os “salseirasos”, coas máns curtidas polo salitre, dirixen reis e peóns nun taboleiro que a xuzgar polo resultado non o fan tan mal.
Nova reunión
Este domingo 27 ás 17:30h, convócase a tódolos socios e simpatizantes a unha reunión no Edificio de Servizos Múltiples do concello, para planificar a próxima tempada, con equipos en terceira e segunda.
Queres participar?
Se alguén está interesado en participar e formar parte do equipo que non dude en chamar o número de teléfono 620.039.243 – 981.74.25.63, a través do correo eléctrónico [email protected], ou no facebook.
Novas relacionadas
- 4 horas necesitou o Club Xadrez Cabo Touriñán para seguir de líder.
- Touriñán prefire xadrez.
- Novas clases de xadrez en Corcubión coa Universidade Popular.
- A xogada mestra (XXVIII): O reMate con Garri Kasparov .
Máis información
Fonte
- Nota de prensa do Clube Xadrez Touriñán.