Os peques de Mazaricos, Miúdos e Santa Comba participaron na Fase Final de FS Barcala-Xallas-Muros


A pasada fin de semana celebrábase a fase final da Liga de Fútbol Sala Barcala-Xallas-Muros, liga dos cativos paralela ás LCFs. Varios equipos costeiros nas categorías Benxamín e Alevín participaron na cita celebrada en Muros, e malia que ningún acadou o título de campión, todos disfrutaron “como enanos”.
En categoría Benxamín participaban o equipo muradán dos Miúdos, que despois de clasificarse para a final tras vencer por 3-4 ao Negreira na tanda de penaltis, caía ante o Brión na final por 1-4.
En Alevíns, houbo duelo xalleiro nas semifinais. Os peques do EDM Mazaricos vencían aos veciños de Santa Comba por 9-3. Pero na final non podían cos potentes rapaces de Negreira, que alzaban o título tras vencer por 8-1 aos mazaricáns.
Non tivemos equipos en Prebenxamíns, e na final, O Cotón venceu ao Negreira por 6-5.


Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).