Os Reis traen a Mazaricos as Grandes Finais do Torneo Interparroquial
07:49 05/01/17
O Beba parte como o actual campión
Despois de dúas completas xornadas de gran FS (as dos 24 e 31 de decembro), o pavillón mazaricán vivirá este día de Reis, 6 de xaneiro, unha xornada completa. Chega a fase final do Torneo Interparroquial de Mazaricos, con 4 equipos buscando a gloria municipal.
Arrincarán as semis o Coiro e Os Vaos ás 17:00h, para deixar paso ao Mazaricos-Beba, no que o conxunto “visitante” parte como actual campión. A final será a partir das 21:00h, en “prime time”.
Horarios:
- 17:00h: Coiro - Os Vaos.
- 18:00h: Mazaricos - Beba.
- 20:00h: 3º e 4º Posto.
- 21:00h: Final.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).