Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Os Veteranos celebraron su Supercopa e xa preparan o comezo das Ligas

Os Veteranos celebraron su Supercopa e xa preparan o comezo das Ligas
Supercopa de Veteranos 17-18 Fermosa festa a da Supercopa de Veteranos 17-18

Comezou a tempada oficial para os Veteranos da Costa e fíxoo cunha fermosa festa que demostra como medra a atención ao fútbol veterano na zona. O Campo Municipal da Laracha acollía a IV SuperCopa, con dous fermosos partidazos. O San Román, Rei de Copas, no deu opcións ao San Lorenzo, subcampión ligueiro, e se fixo co título da SuperCopa A. Mentres, o Corcoesto, campión da 2ª, impúxose ao Coristanco, subcampión copeiro, na Supercopa B.

E xa teñen a cabeza posta na 1ª xornada da Liga, que xa temos en www.futboldacosta.com (completaremos o calendario en canto o envíe o Comité).

Ambiente en Laracha para a final da Supercopa dos Veteranos Ambientazo en Laracha para a final da Supercopa dos Veteranos

SuperCopa A

  • Resultado: San Lorenzo - San Román (2-1).
San Lorenzo de Veteranos San Lorenzo de Veteranos
  • San Lorenzo: Cotelo, Robi, Rizos, Puñal, Francés, Rubén, John, Pedro, Schuster, Marcos e José. Tamén: Pablo.
San Roman de Veteranos San Román de Veteranos
  • San Román: Añón, Carlos, Bechi, Montero, Martín, Berti, Óscar, Santi, Alex, Martín e Víctor. Tamén xogaron: Marcos, Mario Casal, Chusca, Javi, Suso, Óscar e Sebas.
  • Goles: 1-0, m.40: Chusca á contra; 1-1, m.65: Marcos de cabeza; 2-1, m.89: Bechi.

Gran partido o que realizaron estes dous equipos que loitaron antes polo campionato de liga e que se enfrontaron na Super copa. Como o partido anterior os primeiros minutos foron de moito toque no centro do campo e os dous equipos querían o balón para xogalo e non a perdelo, poucas chegadas ao área non tendo que intervir os porteiros, o San Román apropiouse do centro do campo e máis cando entrou o debutante Mario Casal.

Co empate no marcador parecía que o choque iría aos penaltis pero Bechi aparecía para decantar o triunfo para o Rei de Copas.

Montero capitan do San Roman Campion da Supercopa Montero, capitán do San Román, recollendo a Copa de Campion da Supercopa Sebas Manolo e Loureiro do San Roman de Veteranos Sebas, Manolo e Loureiro do San Roman de Veteranos Mario Casal debutou co San Roman Mario Casal debutou co San Román Punal do San Lorenzo subcampion da Supercopa A Puñal do San Lorenzo, recibindo o trofeo de subcampion da Supercopa A  

SuperCopa B

  • Resultado: Corcoesto - Coristanco (2-0).
Corcoesto de Veteranos Corcoesto de Veteranos
Comentarios