Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Parte de sancións cun ollo no pichichi e outro ás Fases de Ascenso

Parte de sancións cun ollo no pichichi e outro ás Fases de Ascenso

Comentamos o parte desta semana con varias novidades.

Aceptado o Recurso do Baio

E xa o dabamos conta que a Federación dera o partido entre Baio e O Pindo, suspendido no min.60 por quedar o Pindo con 6 xogadores sobre o céspede, como "suspendido por incomparecencia" do cadro carnotán. Unha suspensión que deixaba o 8-1 nun sinxelo 3-0, anulando así os tantos de Javi Suárez, en plena loita polo pichichi.

Pois ben, o Baio recibía estes días unha resolución do Comité de Apelación resolvendo favorablemente o recurso presentado polo clube. Con esta resolución de Apelación mantense o resultado que figuraba no momento da suspensión: 8-1. E os goles de Javi Suárez, 7, nada menos, valen tamén para a contabilización do pichichi.

Así, o baiés xa pode ser considerado oficialmente o pichichi da tempada, con 30 goles, 1 máis que Vituco, e 2 máis que Leo, que cómpre lembrar que só disputou media temporada na Liga da Costa.

Fase de Ascenso á Liga Galega

Xa están perfiladas as emilinatorias de ascenso das categorías cadete e xuvenil (o infantil foi anulado por un recurso do Foz). E Ollo, que ambos terán que superar dúas eliminatorias para ascender. Estes son os cuadros que terán que superar (as segundas eliminatorias serán 10 e 17 de xuño):

Xuvenil:

27-05San Marcos - Baio03-06
27-05Imperátor - O Val03-06

27-05Unión - Burela03-06
27-05Malpica - Lalín03-06

Cadete:

27-05Ordes - Caranza03-06
27-05Santa Comba - Negreira03-06

27-05Estrada - Foz03-06
27-05 - 11:00Cordeiro - Dumbría03-06

Sancionados

E xa deixamos o parte que trae un par de curiosidades, como a sancións de Juan oBello, tras ser expulsado na volta dos oitavos do Baio e non aparecer en varios partes; ou a sancións de 7 partidos e 3 meses para o xogador do Independiente Rubéns Chans. Ademais, o zaense Ismael terá que esperar para coñecer a súa sanción unha vez o clube presentou alegacións.

Preferente

  • José Manuel López Canosa (adestrador Dumbría).
  • Dani Becerra (Xallas).

Copa da Costa

  • JUAN C CABANAS RODRIGUEZ (CAMARIÑAS.
  • JORGE PICHEL COTELO (SAN LORENZO - 2 partidos).
  • DANIEL FUENTEFRIA VIÑA (SAN LORENZO).
  • MARTIN RECAREY SOUTO (SAN LORENZO).
  • JUAN CHANS VERES (CORME).
  • RUBEN PENA GARCIA (INDEPENDIENTE - 7 partidos/3 meses).
  • VICTOR M DOCAMPO BLANCO (SOFÁN).
  • CARLOS TOJEIRO DOLDAN (SOFÁN).
  • YAGO DOSIL MOLINOS (SONEIRA - 2 partidos).
  • MARCO A VARELA VIDAL (Adest. PONTECESO).
  • GELUCHO GOMEZ FERNANDEZ (Adest. SANTA COMBA).
  • JOSE BERMUDEZ PASANTES (CAMARIÑAS).
  • JESUS ROMERO VARELA (CORME).
  • ALBERTO DOMINGUEZ LOPEZ (CEE).

Fase de Ascenso á 2ª

  • JOSE MARTA VAZQUEZ (CABANA).
  • DANIEL GARCIA BEIGIA (CERQUEDA).

Máis información

Crónicas de Xuvenía

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios