Preferente: Aformigados


Non perden nin gañan Xallas e Dumbría, cunha bagaxe insuficiente para os seus méritos.
Dumbría 0-0 Milagrosa
- Campo: O Conco.
- Dumbría: Iván Bouzón, David Carreira (Martín m.78), Raúl, Jose, Pablo Conde (Alcaina m.66), Aarón, Diego Cespón (Javi m.70), Jano, Iago, Adrián Nieto e Charly (Lucas m.57).
- Milagrosa: Tomás, Alejandro, Diego Redondo, Leandro, Alberto, Luis Díaz, Adrián, David Silva, Carlos, Alberte y Elías David.
- Árbitro: Ferrol Muñiz (Santiago). Expulsou a Jano, do Dumbría (m.44).
Non chegou con ser mellor
Dez homes do Dumbría, durante o cincuenta por cento do encontro, buscaron infructuosamente a victoria fronte a unha Milagrosa que apenas inquedou a Iván Bouzón e que só ofertou un recital dalgunhas boas paradas do seu gardamallas Tomás. Charly, ao final do primeiro acto e comezo do segundo, dispuxo das mellores opcións para os de Canosa, que tamén tiveron moita máis posesión de balón que o seu rival.
Villestro 1-1 Xallas
- Campo: Da Barrosa.
- Villestro: Vicente, Adrián Vázquez, Jose Álvarez, Sebas, Bruno, Pepe Cidranes (Álex Boo m.58), Agustín, Adrián Rial, Rubén, Brais Vidal (Agustín m.76) e Uxío.
- Xallas: Julián, Hugo, Rachón (Cristian m.76), Jota, Jesús, Canedo (Pablo Novo m.78), Doro, Fernando, Coria, Kevin (Fuentes m.87) e Marcos (Camilo m.70).
- Goles: 1-0 m.8 Uxío; 1-1 m.28 Marcos.
- Árbitro: Mosquera Goce. Amonestou a Adrián Rial e Sebas do Villestro; Kevin e Hugo do Xallas.
Un arreón infructuoso
De menos a máis foi a progresión do Xallas no campo da Barrosa de Villestro, fronte a un recén chegado con futbolistas de recoñecido nivel na zona. Os locais apretaron moitísimo de saída, e fruto delo chegaría o tanto de Uxío, de tiro cruzado, nos primeiros compases do choque. Julián salvaría os mobles pouco despois. Desperezouse o Xallas e medrou, sobre todo a raíz do empate de Marcos, ao resolver unha acción confusa, no ecuador do primeiro acto. Desde entón Jesús, Kevin e Coria tiveron ou nas súas botas ou na súa cabeza levar a gol a superioridade xalleira nas áreas.
Crónicas da Preferente Norte
- X.1: Doble derrota para o comezo de Liga na Preferente.
- X.2: Primeiro punto xalleiro e un set en contra para o Dumbría.
- X.3: Unha bagaxe agridoce.
- X.4: Sen gol.
- X.5: Alerta.
- X.6: Esperanza ou desconfianza.
- X.7: Pechando a táboa.
Crónicas da semana
Conversas co Mito
- Conversas I: “A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”.
- Conversas II: “Vexo cousas no Real Madrid ou no Barcelona que xa as facía eu”.
- Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).