Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Preferente: Bo comezo para Xallas e Soneira e derrota dumbriesa

Preferente: Bo comezo para Xallas e Soneira e derrota dumbriesa
A Preferente comezou a escribir unha nova páxina esta fin de semana. Arrincou a tempada 2012 – 2013 con distinta sorte para os nosos. O Dumbría caeu por tres a cero na súa visita a Ribadeo  ante uns locais que foron superiores. O Xallas de Santa Comba impúxose claramente a O Páramo nun partido que dominou sen demasiados problemas. E o Soneira fixo o propio na súa visita a Chantada nun partido moi igualado e no que foi clave o gol de Mackaay.

Ribadeo – Dumbría (3-0)

  • DUMBRÍA: Juan, Tantán, David (Isma, min. 50), Aaron Fdez, Jano (Riki min. 46), Aaron Lopez, Piri (Leo, min 63), Tati (Brau, min 56), Luis, Martín (Pedrosa, min 70) e Pablo Muiño.
  • Goles: 1-0. Fernando, min. 32. 2-0. Dani Daniel, min. 70. 3-0. Dani Renda, min. 83.
Comezou o partido co dominio do Dumbría aínda que a partires do minuto 30 os lucenses entraron no encontro e foi o claro dominador. Os dumbrieses puideron adiantarse en varias ocasións nos primeiros compases do choque pero non foron quen de materializar as ocasións. A segunda metade foi sen dúbida para o Ribadeo. Malia á derrota, Pablo Muiño e Luis foron os mellores do Dumbría.

Xallas de Santa Comba – O Páramo (2-0)

  • XALLAS DE SANTA COMBA: Diego, Guillermo, Martín, Pablo, Oscarín, Jota, Mon ( Darío, min. 81), Doro ( Marquiños, min. 87), Pablo Baña, Ismael ( Chinda, min. 67), Javi Suárez ( Noli, min. 83).
  • Goles: 1-0. Javi Suárez, min. 61. 2-0. Darío, min. 91.
O Xallas ímpuxose a O Páramo nun encontro no que foi superior, aínda que os goles non chegaron ata a segunda metade por mor da falla de acerto nos metros finais. A primeira metade foi un monólogo por parte dos locais. Á volta do descanso chegou o gol dos locais. O Páramo saíu con máis forza e tivo unha clara ocasión de gol na que o meta xalleiro xa estaba batido. Con O Páramo volcado na procura do empate, os locais saíron nunha contra e anotaron o tanto da sentencia.

Chantada– Soneira (o-1)

  • SONEIRA: Cheli, Pichi, Fran, Nico, Maikel, Baba, Mackaay, Mayor, Toni González, Toni Martínez, Darío.
  • Goles: 0-1. Mackaay, min.60.
O Soneira estreouse na tempada 2012 - 2013 cunha victoria na súa visita a Chantada. Cumpriuse o dito de "adestrador novo, victoria segura" no primeiro encontro de Felipe Candamo como técnico do conxunto vimiancés. O encontro tamén nos deixou as primeiras impresións de novas altas como Baba, os ex fisterráns Nico, Toni e Mackaay, Cheli (chegado do Santa Comba) ou Maikel (dende o Camariñas). A primeira metade estivo moi igualada. O encontro chegou ao descanso sen a clara impresión de ter un claro dominador. O Soneira saíu buscar o gol no segundo tempo. Mackaay foi o home clave dos soneiráns, ao fallar un penalti e logo conseguir noutra xogada o tanto da victoria dos seus. Logo do gol os vimianceses viñéronse atrás e os locais quixeron buscar o empate na última media hora, un esforzo que finalmente non estivo recompensado.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios