Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente: Comeza a liga da igualdade

Preferente: Comeza a liga da igualdade
Comezou a liga de Preferente, este curso con "tan só" 20 equipos, e con 4 representantes da nosa bisbarra. O ascenso dos Xallas e Dumbría, e o descenso do Santa Comba, fan que por primeira vez nos últimos tempos a Costa da Morte conte con 4 equipos nesta potente categoría, polo que este curso manteremos unha atención especial dende a redacción de deportes de QPC. A primeira xornada deparou diferente sorte para os nosos. Mentres o Xallas deu a primeira alegría aos siareiros verdes, o Dumbría non podía sumar en Dubra. Sendos empates colleitaron Soneira e Santa Comba, dando conta da igualdade da competición.

O Val - Xallas (0-1)

  • Xallas: Cheli, Ismael, Iván Forján, Becerra (Brais, min.62), Rubio, Martín, Luís (Alexandre, min.46), Álvaro, Adrián Beiroa (Adrián Prol, min.74), Toni e Iván Amor (Aitor, min.59).
  • Gol: 0-1, min.8: Toni tras unha contra perfecta, a centro de Adrián Beiroa.
  • Expulsión: Iván Forján no min.38 por doble cartón, e a un visitante no min.80.
Primeira vitoria do Xallas en Preferente 24 anos despois. Así comeza o curso o cadro de Iván Cancela, tras unha pretemporada na que a rotura parcial do ligamento cruzado de Jesús foi a nota máis negativa. O que queda claro é que este ano "vai ser todo moi igualado", como comenta o propio Cancela. E comezou ben o curso o equipo xalleiro que soubo controlar ao comezo, marcar nunha contra perfecta, e logo sufrir e aproveitarse dunha pequena dose de sorte. E sufriu abondo pois dende o min.38 quedaron con 10 homes tras unha discuible expulsión de Iván Forján por unha faltiña e unha pequena protesta. Ata aí o Xallas controlaba o balón e tiña máis presencia no campo, pero a partir de aí as incursións dos laterais locais provocaban situacións e superioridade nas que a defensa xalleira tivo que empregarse a fondo.

Gal. Mugardos - Soneira (2-2)

  • Soneira: Fran, Ferreiro, Modesto, Vecino, Pablo, Santi, Víctor García, Míchel (Iago, min.65), Kike (Fran de Urroa, min.65), Jorge Vigo (Mauro, min.77) e Vía Rápida.
  • Goles: 1-0, min.47; 2-0, min.73; 2-1, min.85: Vía Rápida de falta; 2-2, min.89: Vía Rápida de penalti.
Primeiro empate e primeiro punto do Soneira fóra da casa. E nun encontro complicado, no que a carencia de ocasións de gol e a igualdade foron as protagonistas. Empezaron moi ben os vimianceses, combinando con criterio. Pero a partir da media hora os locais impuxeron o seu forte ritmo, iso si, sen chegar a intimidar a Fran. Á volta do descanso marcaron os locais moi pronto, e o encontro seguía moi centrado no medio campo. Todo parecía que quedaría con ese 1-0 ata que os locais marcaron o golazo da tarde. Foi aí cando reaccionou o Soneira e a golpe de coraxe, e de xogadas de estratexia, deron a volta ao marcador. Vía Rápida recurtaba, a falta de 5 minutos, de falta, e asinaba o empate case que co tempo cumplido dende os 11 metros. Empate xusto, con momentos para os dous equipos e poucas ocasións.

Santa Comba - Narón (1-1)

  • Santa Comba: Diego, Amoedo, Noli (David Blanco, min.50), Ángelo, Toni, Gonzalo, Doro, Jota, Óscar (Colón, min.55), Julián (Chinda, min.89) e Pablo Baña (Iván Facal, min.75).
  • Gol: 0-1, min.60: de penalti. 1-1, min.89: en propia meta.
  • Expulsións: os locais Toni (min.60) e Doro (min.65).
Primeiro e traballado empate dos de Santa Comba na Preferente. Tras unha primeira metade igualada e sen oportunidades, o minuto 60 foi clave para o desenvolvemento do encontro. Tras un lixeiro dominio local, un penalti "tonto" cometido por Toni deu con el nos vestiarios, e co 0-1 no marcador. A mala sorte fixo mella nos locais e na seguinte xogada o colexiado expulsaba a Doro tamén por doble cartón. E foi con 9 homes cando os xalleiros apretaron máis. Jota dende atrás colgaba e colgaba balóns sobre a área ferrolá, que tamén sacaban perigosas contras. De feito, Diego salvou dous man a man que puideron sentenciar o choque. Tras varias intentonas, e cando xa case se cumplían os 90 regulamentarios, un erro de coordinación entre meta e defensa naronesa, provocaba un gol en propia meta que deixaba as táboas no marcador.

Dubra - Dumbría (1-0)

  • Dumbría: Juan, Iván Pequeño, Suso, Chula (Toni, min.90), Ismael (Tantán, min.50), Aarón de Muros, Schuster (Tati, min.65), Piri, Iago (Riqui, min.85), Cacho (Luisito, min.65) e Adrián.
  • Gol: 1-0, min.89.
Con cara de tontos quedaron os dumbrieses tras ter ocasións suficientes para levar, cando menos, un empate. Foi un partido moi igualado, no que os de Canosa deron a cara, buscando moito máis a combinación que os locais, cun xogo moi directo. E iso que chegaban máis rodados, pois a pretemporada, entre lesións e festas, foi bastante convulsa no cadro dumbriés. Tivo o cadro costeiro varias ocasións na primeira metade para porse por diante, como un penalti fallado por Adrián, un balón ao pao de Piri tras unha falta. Na segunda o propio Piri tivo un man a man que salvou o meta local. E cando todo sinalaba un empate, un erro defensivo tras unha melé na área dumbriesa rematou no gol da vitoria. Mal resultado pero boa imaxe dos dumbrieses neste comezo de campaña.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios