Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: o Dumbría complica a salvación

Preferente Norte: o Dumbría complica a salvación
XALLAS F.C. 1 - BETANZOS C.F. 1 XALLAS: Julián Couto, Cristian, Pablo Vigo, Puyi, Raúl Añón, Doro (Kevin 61´), Julián López, Borja Gándara, Alex Blanco (Uxío 63´), Oliver, Marcos (Camilo 61´) GOLES: 1-0 1´Alex Blanco   1-1 89´Cristian Un inicio acertado do Xallas, con pase de Julián a Alex Blanco, serviu para adiantar ós locais. O Betanzos estrelou un balón no longueiro, e sufriu a lesión do seu dianteiro Pablo con rotura de tibia e peroné. Isto despistou ós visitantes, que sufriron dúas claras ocasións xalleiras nas botas de Julián e Alex Blanco. O Betanzos acosou no último cuarto de hora e atopou o empate sobre a hora cun gol de Cristian tras un saque de esquina. S.D. SOFAN 0 - RIBADEO C.F. 2 FOTO: Luis González SD SOFAN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo (Sera 60´), Rubén (David 81´), Félix (Sito 46´), Canedo, Eibe (Matías 60´), Luis, Alexandre, Quintela (Fabián 51´) e Juan de Dora GOLES: 0-1 29´Iván 0-2 55´Santi Non foi xusto o fútbol coa Sd, despois dunha fin de semana moi intensa, con doble ración de partido e un esforzo extra dos xogadores, que o deron todo hoxe pola tarde, mereceron máis, pero o Ribadeo é un equipo veterano, que sabe aproveitar ben as súas opcións, e levouse o partido das Eiroas. De inicio, tanteo entre ambos equipos. Puido marcar Juan de Dora nun disparo dende o borde da area que sacou o gardameta visitante. O dianteiro de Louro fixo un partidazo pero non foi quen de anotar. Nunha falta que bateu no pao e na espalda de Rumbo adiantouse o Ribadeo. Tivo Juan de Dora o empate pero o seu man a man sacouno de novo o porteiro. No segundo tempo mereceu a SD o empate. A pase de Juan de Dora Quintela marrou un man a man. Nunha gran contra anotou o Ribadeo o segundo. Un remate de Luis que ia a portería sacouno un defensa. Juan de Dora lanzou unha falta que sacou o porteiro e unha boa xogada de Matías rematouna Fabián fora. A Sd non atinou coa porta e caeu derrotada. C.F. DUMBRÍA 1 - C.S.D. ARZÚA 2 DUMBRÍA: Iván Bouzón, David Carreira (Pablo Paz 55´), Mataso, Julito (Martín 63´), Iago (Raúl 76´), Aarón, Marcote (Capelo 50´), Iván González, Yuyo, Cespón e Pesco GOLES: 1-0 43´Yuyo   1-1 47´Casal   1-2 55´Casal Malísimo o resultado do Dumbría no Conco ante un rival que non se xogaba nada, o Arzúa, pero que se levou os puntos remontando. O Dumbría, sabedor de que necesitaba a vitoria indefectiblemente, buscouna con ahínco. Yuyo, en vena goleadora, e que coa baixa de Mackay é a referencia atacante do Dumbría, anotou antes do descanso. Pero a saída dos vestiarios foi fatídica para o Dumbría, que encaixou dous tantos e despois non foi quen de levantar o marcador. Agora mesmo os de Nacho quedan a 5 puntos da salvación con só 9 en xogo.

Comentarios