Luns. 23.09.2019
El tiempo

Preferente Norte: resultados positivos nas viaxes á Pobra e a Ribadeo

Preferente Norte: resultados positivos nas viaxes á Pobra e a Ribadeo
RIBADEO F.C. 2 - XALLAS F.C. 2 XALLAS FC - Koke, Rubén, Jacobo, Alex Canedo, Baba, Marcos (Alex Blanco 85´), Santi, Julián, Madiop (Eloy 75´), Doro e Iván González GOLES: 0-1 1´Iván González   1-1 3´Poratti   2-1 71´Adrián   2-2 88´Julián de penalti Un golazo de Iván tras controlar un saque longo e Koke adiantou ó Xallas en Ribadeo nada máis comenzar o partido, pero na seguinte xogada unha falta lateral rematada por Poratti puxo a igualada. Ó cuarto de hora foi expulsado o central Pablo Rivas, co que o Xallas xogou 75 minutos en superioriade. Pero non foi quen de aproveitalo. Tivo un par de ocasións Iván González pero foi o Ribadeo quen se adiantou no marcador. Tivo que esperar ó último minuto para igualar o Xallas un penalti sobre Rubén que transformou Julián, e aínda na última xogada Alex Blanco estrelou un balón no longueiro, que puido ser a vitoria xalleira. PUEBLA CF 0 - S.D. SOFÁN 1 S.D. SOFÁN - Javi Rumbo, Sera, Pablo Domínguez, Antonio, Félix (Rubén 70´), Canedo, Eibe, Fabián, Iván Rey (Matías 64´), Alexandre (Juanjo 70´) e Raúl (Quintela 57´) GOLES: 0-1 25´Alexandre de forte disparo dentro da area Trouxo os puntos a SD do difícil campo da Alta merced a un gran primeiro tempo e a unha labor de conxunto no segundo defendendo o marco de Javi Rumbo. O primeiro acto foi da SD totalmente, e merecía o conxunto de Cancela ter sentenciado o encontro. Fabián no 8´ a pase de Alexandre plantouse diante de Alberto pero disparou fora. O mesmo xogador no 17´ vouveu a ter un man a man que non convertiu. No 22´ entre Fabián e Raúl non transformaron un centro de Iván Rey. Co gol de Alexandre facíase xustiza, pero aínda Raúl marrou un remate a boca de xerro de cabeza, antes de que Pap tivera a mellor ocasión local cun disparo ó pao no 43´. No segundo tempo replegou liñas a Sd e mostrouse a pouca pericia dos locais sen espacios. Manoliño foi o seu home máis incisivo, pero apenas se crearon ocasións de gol na meta de Rumbo, soamente algún barullo propiciado polos saques de banda de Espi e pouco máis. A Sd na contra puido sentenciar en ocasións de Eibe e Félix pero a pesar do sufrimento o marcador non se moveu e a Sd sumou tres puntos.

Comentarios