xoves. 01.05.2025
El tiempo

Preferente: O fútbol foi só solidario co Sofán

Preferente: O fútbol foi só solidario co Sofán
O Carral viviu unha festa solidaria que rematou cunha manchea de xoguetes para as familias máis necesitadas e 3 puntos no peto. Xallas e Soneira non tiveron tanta sorte. ambientazo-no-partido-solidario-do-sofan-no-carral-foto-sd Ambientazo no partido solidario do Sofán no Carral-Foto-SD Coa mirada xa posta na Copa da Costa deste martes, repapasamos os choques dos equipos da Preferente.

Ribadeo - Xallas (4-1)

  • Campo: Pepe Barrera.
  • Xallas: Julián, Cristian (Danis, m.85), Brian, Barreiro (Manu, m.82), Brais, Rubio, Doro, Fernando, Róber Pladur (Anxo, m.65), Camilo e Kevin (Marcos, m.65).
  • Goles: 1-0, m.12: Zoran; 2-0, m.25: Mauro; 2-1, m.44: Dro dende o borde da área; 3-1, m.52: Miguel; 4-1, m.57: Rafa.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/josemanuel.perezgorgal.9/videos/1033223746807423/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Moi acertado un Ribadeo que aproveitou moi ben as contras e acabou coa boa liña dos xalleiros nas últimas semanas. Apenas pasaba 10 minutos e o Ribadeo xa se metera por diante pero Kevin e Rubio avisaban de que a cousa non ía ser sinxela para os locais. Pero nunha contra trala ocasión de Rubio, o Ribadeo marca o segundo. Total efectividade dos da Mariña. Non decaía o Xallas e ao fío do descanso Doro aparecía para facer o seu 6º gol da liga e meter ao cadro de Iván Cancela de cheo no partido. Comezaba a segunda metade con outro tiro de Doro que puido significar o empate, pero en apenas 5 minutos, en sendas contras o Ribadeo ampliaba distancia e deixaba sentenciado o partido. Toca pensar no partido de Copa do martes pois chega a volta dos Dezaisesavos ante un Dumbría que pegaba primeiro. xallas-en-ribadeo

Sofán - Betanzos (3-2)

  • Campo: O Carral.
  • Sofán: Dani Varela, Iván Rey (Seo, m.59), Sera, Felix, Sito (Alex Figueiras, m.71), Fabián, Jacobo Eibe, Franchu (Adrián, m.56), Iván Rojo (Quintela, m.56), Luís e Raúl.
  • Goles: 1-0, m.13: Felix; 2-0, m.32: Eibe de falta; 2-1, m.36: Prosi; 2-2, m.42: Mon; 3-2, m.73: Luís.
Vitoria solidaria sofan-e-betanzos-no-carral-foto-sd Sufrida vitoria a que lle puido render a SD a toda esa afección (máis de 300 persoas) que encheu de xoguetes o Carral, para colaborar coa campaña da Cruz Vermella. Comezou o partido moi ben ante un histórico do fútbol galego, e Félix e Eibe metían en xusta vantaxe aos de Josito. Pero unha “páxara” de 6 minutos metía de cheo ao Betanzos no partido, deixando o partido en táboas ao descanso. A segunda metade foi moito máis aburrida. Ningún quería perder e non houbo riscos. Tivo que ser a calidade de Luís a que decidise o choque nunha das poucas ocasións do segundo tempo tras unha fermosa xogada individual. O partido do Carral serviu para unha colleita de xoguetes para que a Cruz Vermella reparta cas familias máis necesitadas de Bergantiños-Foto-SD O partido do Carral serviu para unha colleita de xoguetes para que a Cruz Vermella reparta cas familias máis necesitadas de Bergantiños-Foto-SD  

Lemos - Soneira (1-0)

  • Campo: A Pinguela.
  • Soneira: Anxo, Jota, Oscarín (Casal), Rubén Forján, Óscar, Sandelo (Jose), Pichi (Darío), Brais, Basti, Javi e Vía.
  • Gol: 1-0, m.26: Diego Núñez.
soneira-en-lemos “Unha meiga para o gol” Partido para esquecer dun Soneira que segue con grandes problemas para anotar, como o refrendan os seus números, pois con 18 goles só a Sarriana marca menos tantos. Unha primeira parte con pouco fútbol por ambas partes, chegando o único tanto do partido tras un balón longo ás costas da defensa soneirá. Na segunda, o Soneira saíu presionando arriba e o Lemos non pasaba do medio campo. Aos poucos minutos unha boa xogada de Basti e Pichi acaba co balón ao pau do sorprendente pichichi soneirán. Tampouco acertou o propio Pichi a 10 para o final ao rematar unha falta botada por Jota, desta volta foi o porteiro o que desbaratou a ocasión e deixou ao Soneira sen premio e a 3 puntos da zona de salvación.  

Máis información

Comentarios