Martes. 08.10.2024
El tiempo

Preferente: Só un punto entre os 4 equipos costeiros

Preferente: Só un punto entre os 4 equipos costeiros

Tan só o Soneira conseguiu sumar, e só un puntiño, nesta 7ª xornada da Preferente. Mala xornada pois para os nosos, se ben o propio Soneira, e o Santa Comba mereceron máis.

Soneira - Xove Lago (1-1)

  • Soneira: José Ángel, Ferreiro, Víctor Vecino, Pablo, Manuel (Mayor, min.70), Santi, Víctor García, Brais (Kike, min.60), Míchel, Iago (Jorge Vigo, min.63), Vía Rádida (Modesto, min.85).
  • Goles: 1-0, min.30: Vía Rápida; 1-1, min.90.

A sorte estivo do lado dos da Mariña na tarde do domingo pois tras un monólogo vimiancés, atoparon o empate xa co tempo cumplido e tras unha xogada a balón parado. I é que os de Manolito controlaron todo o partido e no primeiro tempo puideron sentenciar por medio de Vía Rápida, dos mellores neste comezo de campaña, Iago e Míchel.

O segund periodo foi algo máis tosco, con menos ocasións e o cadro local controlando o balón. E cando todo parecía que remataría co 1-0, unha das poucas ocasións dos lucenses rematou no empate final.

Santa Comba - SD Compostela (1-2)

  • Santa Comba: Diego, Chinda (Colón, min.46), Amoedo (Noli, min.60), Angelo, Gonzalo, Jota (Oscar, min.46), Doro, Toni (David Blanco, min.60), Jose Angel , Julián, Pablo Baña.
  • Goles: 0-1, min.15: tras unha perda na saída do balón; 1-1, min.66: Gonzalo de cabeza a un córner; 1-2, min.70: o meta local despexa e peta no dianteiro e entra chorando.
  • Expulsión: Angelo no min.92 por doble cartón.

Mereceu máis o Santa Comba que tratou de ti a ti á todopoderosa SD Compostela. De feito, dende Santa Comba apuntan que foron mellores que os santiagueses e que de non ser polos erros propios, os puntos quedarían en Fontenla.

O gol da vitoria demostra o que foi o partido. O meta Diego intenta despexar un balón tras unha cesión da defensa, pero o seu despexe rebota bo dianteiro composteán que chegaba a presionar e o balón se cola, chorando na meta xalleira. Unha demostración de que o partido non foi un despliegue de calidade, senón máis de ben, de entrega. Foi un partido disputado, co control do balón por parte local, e a SD, moi atrás e moi seguros, buscando ás contras, coas que tiveron algunha ocasión. Pero sen seren superiores, pois os de Gelucho tiveron ocasións como para darlle a vlta ao marcador de sobra.

A inciencia do partido foi tras un encontronazo do meta visitante, que tivo unha forte conmoción e ata tivo que entrar ata a ambulancia. Parece ser que finalmente non foi a máis.

Grixoa - Dumbría (3-1)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Tantán (Jesús, min.80), Isma (Iván, min.46), Suso, Chula, Aarón, Adrián Mackaay, Schuster, Eloy (Alberto, min.52), Iago, Luisito (Cacho, min.62).
  • Goles: 1-0, min.5; 1-1, min.65: Alberto; 2-1, min.75; 3-1, min.90: de penalti.
  • Expulsión: un xogador local no min.55.

Tamén de baleiro voltou o Dumbría de Grixoa, nun encontro marcado pola abafante calor. Desta volta os locais si que foron superiores aos dumbrieses, sobre todo amosando unha firmeza en defensa brutal, sen deixar que os pequenos puntas costeiros puidesen facer boas ocasións de gol. O gol inicial do Grixoa permitiulles controlar o partido, inexpugnables atrás e intentando sacar contras.

Na segunda, a pesar de quedar con 10 o cadro local, non se puido apretar demasiado. Chegouse a empatar por medio de Alberto, pero no canto de impor o seu ritmo, o Dumbría veuse superado por un equipo con 10 ao que non puido meterlle medo. Nunha contra puxeron o 2-1, e malia non sentenciaren o choque ata o último minuto, e de penalti, o Dumbría non inquedou a meta local.

Gal. Mugardos - Xallas (1-0)

  • Xallas: Cheli, Rubén Forján, Ismael, Álvaro Antelo, Rubio, Brais, Alexandre, Álvaro Cancela (Ricardo, min.61), Adrián Beiroa, Luís (Adrián Prol, min.60), Iván Amor (Aitor, min.74).
  • Gol: 1-0, min.20.

Non sacou nada o cadro verde do estreito campo de Mugardos, onde o cadro local apreta moito no medio campo sen deixar os espazos que os de Cancela precisan para desenvolver o seu xogo. O primeiro tempo foi de dominio local, sobre todo territorial, cando afogaron aos xalleiros.

Na segunda melloraron os de Iván Cancela, con máis posesión balón e con varias ocasións nos pés de Adrián Beiroa tras un rexeite do porteiro, Ricardo dende a frontal, e Alexandre cun tiro cruzado que marchou lambendo o pao. Pero non chegou o gol do empate e os costeiros voltaron a casa de baleiro.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios