Previa da fin de semana de Liga, Copa e Fases de Ascenso
Sen descanso, e tras coñecer os cuartofinalistas da Copa da Costa tralao eliminatoria de onte, continúa o #futboldacosta, coa Liga Preferente en xogo, a Fase de Ascenso á Liga da Costa emais Copa.
E o fai xa sabendo que o Fisterra ascende directamente á 1ª Autonómica, trala renuncia oficial do Corme, por non estar dacordo coas novas modificacións ligueiras da Federación e non querer ascender á zona de Santiago. Así o Malpica é o máis beneficiado e xa está a preparar a Fase de Ascenso.
De feito, esta fin de semana de 19 e 20 de maio tamén se xoga a Fase de Ascenso á 2ª, cun ollo posto nesa Fase á 1ª, pois pode que ata haia 3 postos de ascenso á Liga da Costa. Iso si, cómpre destacar a triple sesión futboleira do Cabana nas Redondas, coa Copa hoxe venres, Final da Copa Xuvenil mañá, e Fase de Ascenso o domingo.
Ollo tamén Preferente, onde o Xallas e o Soneira terán unha oportunidade de dar pasos adiante cara a permanencia. O Xallas recibirá a un Unión xa descendido, mentres que poderemos comprobar en Vimianzo e Santiago como vai esto da relación entre veciños, pois os necesitados Soneira e Santiago reciben aos veciños Santa Comba e Compostela.
Ademais, haberá triple cita Soneira-Santa Comba, pois o cadro da Copa máis interesante dos cuartos será o que enfronte aos dous equipos da Preferente.
Tamén comeza a Final da Copa Xuvenil entre Cabana e Zas, mentres que os Veteranos abren os Oitavos da Copa.
Preferente, xornada 37
Dumbría | 20/05 - 18:00 | Boiro | Xallas | 20/05 - 18:00 | Unión | Soneira | 20/05 - 18:00 | Santa Comba |
Promoción de Ascenso á 2ª Autonómica
20-05 / 18:00 | Volantes - Cerqueda | -- |
21-05 / 18:00 | Cabana - Montelouro | -- |
Copa da Costa, Ida dos Cuartos de Final
* Horarios por confirmar.
Copa Xuvenil, Ida da Final
20-05 / 18:00 | Cabana - Zas | -- |
Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Cuartos
Surf en Nemiña
A semana pasada tivo que suspenderse a proba en Nemiña pola falta de olas, así que esta fin de semana, o surf volve tomar Nemiña coa 2ª Proba do Circuito Galego de Longboard e Paddleboard.
Piragüismo en Padrón
Este fin de semán se disputa en Padrón a Copa de España de Slalom. O campo de slalom de O Lapido, en augas do río Ulla é o un lugar de entreno habitual dos clubes galegos de Slalom, e o CDM Dumbría non é unha excepción, polo que acude a esta competición con moitas espectativas de facer o seu mellor resultado do ano.
A expedición dumbriesa esta formada por Aarón Nuñez no K1 senior, Andrea Perez no K1 xuvenil, Laura Antelo Iago Canosa e Xabier Trigo no K1 Cadete, e Marco Oreiro no C1 Cadete. Ademáis a parella Canosa-Oreiro competirá en C2 pero na categoría xuvenil, polo que vai ser moi complicado que repitan o seu excelente resultado de Irún, onde subiron ó podium.
O Piragüismo Dumbría buscará o seu mellor resultado en Copa de España na competición de casa. Laura Antelo loitara por entrar na final.
Máis información
Crónicas da semana
- Copa da Costa: Xornada de corte polémica.
- Xa temos cuartofinalistas da Copa da Costa.
- Unha de sorteos.
- Fases Xuvenís: Xornada final non apta para cardiacos.
- 3ª Autonómica: Preparados para a Fase de Ascenso que comeza xa.
- 2ª Autonómica: Remate con goleadas e ascensos pendentes.
- Preferente: Xallas e Soneira en vilo.
- 1ª Autonómica: Rematou a agonía e pensando na Copa.
- Copa da Costa: Só sentencia o Cee o pase a Cuartos.
- Resultados da última e intensa fin de semana completa de #futboldacosta.
- Resultados da xornada copeira e xuvenil.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Un Mar de Paixón: Un gol en Santa Comba.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
- Alberto Pose: Alberto Pose: Dous ascensos decididos e moito por decidir e reflexionar.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).