Última fin de semana de setembro e xa temos varios deportes en liza. Xa podedes ollar como se presentan as xornadas dos partidos de tenis de mesa e do balonmán. E nós, como sempre analizamos a previa do #futboldacosta. Esta é ademais unha fin de semana estándar, pois apenas hai cambios de horarios e o groso da xornada disputarase o domingo ás 17:00h.
E comezamos o repaso á previa da xornada futboleira pola Preferente, na que lle toca descansar ao Dumbría, nun momento no que estaba nunha comodísima 4ª. O XSC terá que asegurar os 3 puntos en Fontenla ante un Lemos no medio da táboa e de paso facer un favor ao Soneira, que tamén está obrigado a sumar ante un Carral un punto por debaixo.
En 1ª, os nosos terán encontros dispares. Se ben o Camariñas e o Ponteceso recibirán a dous equipos da zona baixa, Fisterra e Malpica o terán moi máis complicado en sendas visitas a dous dos cocos da categorías: Noia e Flavia.
Na Liga da Costa haberá enfrontamentos interesantes como o Corme-Corcubión ou o Sofán-Buño. Pero sobre todo haberá partidos da zona baixa.
En 3ª tamén haberá partidos de tensión. O Laxe recibe ao Nantón no único choque adiantado da xornada. Ademais o líder, o Independiente, visita Arasolis mentres que o Porteño visita o complicado campo de A Rocheira e o Camelle quere seguir ca boa racha en Corcoesto.
En Xuvenís hai varios pratos fortes. No sur o Cee-Xallas de Santa Comba prevese moi apretado pois os de Jose Carlos terán que vencer se non queren perder o tren.
Polo Norte, o partido da semana será o
Baio-Ponteceso, que chega cos dous equipos líderes, cun Baio que aínda non coñece a derrota e un Ponteceso que vai dar que falar.
Preferente Norte, xornada 6
| Soneira | 30/09 - 17:00 | Carral |
| Xallas Santa Comba | 30/09 - 17:00 | Lemos |
1ª Autonómica, xornada 5
| Camariñas | 30/09 - 17:00 | Atl. Riveira |
| Ponteceso | 30/09 - 17:00 | Bertamiráns B |
| Noia | 30/09 - 17:00 | Fisterra |
| Flavia | 30/09 - 17:00 | Malpica |
2ª Autonómica, xornada 5
| Muros | 30/09 - 16:00 | Dumbría B |
| Corme | 30/09 - 16:30 | Corcubión |
| Baio | 30/09 - 17:00 | Esteirana |
| Mazaricos | 30/09 - 17:00 | San Lorenzo |
| Zas | 30/09 - 17:00 | Cee |
| Sofán | 30/09 - 17:00 | Buño |
| Carnota | 30/09 - 17:00 | Cabana |
| Outes | 30/09 - 17:00 | Volantes |
| Montelouro | 30/09 - 17:00 | Castriz |
3ª Autonómica, xornada 5
| Laxe | 29/09 - 17:00 | Nantón |
| Fisterra B | 30/09 - 17:00 | Indep. Carballo |
| Muxía | 30/09 - 17:00 | Lira |
| Corcoesto | 30/09 - 17:00 | Camelle |
| Cerqueda | 30/09 - 17:00 | Castrelo |
| Alcaián | 30/09 - 17:00 | Ameixenda |
| Coristanco | 30/09 - 17:00 | Porteño |
| Xaviña | 30/09 - 19:30 | Baíñas |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 5
| Fisterra | 29/09 - 17:00 | Muros |
| Mazaricos | 29/09 - 17:00 | utes |
| Cee | 29/09 - 17:00 | Xallas StComba |
| Esteirana | 29/09 - 17:00 | Dumbría |
| Corcubión | 29/09 - 17:00 | Soneira |
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 5
| Laxe | 29/09 - 11:30 | Corme |
| Baio | 29/09 - 17:00 | Ponteceso |
| Zas | 29/09 - 17:00 | Cabana |
| Coristanco | 29/09 - 17:00 | Camariñas |
| Muxía | 29/09 - 17:00 | Malpica |
Liga Galega Cadete, xornada 3
| Dumbría | 29/09 - 16:30 | Portuarios |
Liga Galega Cadete, xornada 3
| Dumbría | 29/09 - 11:00 | Viveiro |
Liga Infantil, xornada 2
| Sofán | 29/09 - 17:00 | Xallas StComba |
| E.M.F. Vimianzo | 29/09 - 17:00 | Baio |
| Ponteceso | 29/09 - 17:00 | Coristanco |
| Esteirana | 30/09 - 10:30 | E.D. Os Miud |
os
| Outes | 30/09 - 10:30 | Corme |
| Cabana | 30/09 - 10:30 | Muxía |
| Fisterra | 30/09 - 10:30 | As Baleas |
Ligas de Veteranos, xornada 3
1ª División
| San Lorenzo | 30/09 - 11:00 | Bértoa |
| Vimianzo | 30/09 - 11:00 | Ponteceso |
| Coristanco | 30/09 - 11:00 | Corcubión Vet. |
| Xv. Bergantiños | 30/09 - 11:00 | Castriz |
| Zas | 30/09 - 11:00 | Bergantiños |
| Baio | 30/09 - 11:00 | Cabana |
| Camariñas | 30/09 - 12:00 | Nantón |
| San Román | 30/09 - 12:00 | Soneira |
2ª División
| Camelle | 30/09 - 10:00 | Porteño |
| Dep. Carballo | 30/09 - 10:00 | Corcoesto |
| Buño | 30/09 - 11:00 | Cerqueda |
| Corme | 30/09 - 11:00 | Sofán |
| Muros | 30/09 - 11:00 | Malpica |
| Leiloio | 30/09 - 11:00 | Poniente |
| At. Milagrosa | 30/09 - 12:00 | Agualada |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos deportivos
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).