Jota, home referente aló onde xoga, quere o ascenso a Preferente.
Nova fin de semana xa con toda a base en funcionamento (arrincan as Ligas Galegas Xuvenil e Cadete, ademais da liga comarcal cadete) e cos Veteranos estreando a súa liga.
Mentres, terceira data en Preferente e segunda na 1ª Autonómica a desta fin de semana. Na categoría de
Preferente Norte temos novo derbi: será no campo das Eiroas de Carballo, onde
o Xallas visitará á S.D.Sofán. Partido este que terá certo morbo, pois será a primeira vez que o adestrador da SD Iván Cancela se enfronte ó seu ex equipo. Tamén nas filas sofanistas forman Iván Canedo e Luis, ex xogadores xalleiros, e no outro lado Dani Becerra, o ano pasado na SD.
O Dumbría recibe a outro recén descendido, o Castro, buscando repetir a machada de fai 15 días ante As Pontes. Está en boa liña o conxunto de Lobelos, que recupera a Aaron López para o encontro despois de cumplir un partido de sanción.
Na categoría provincial, tres xogarán como locatarios e un como visitante. Só sae a fora
o Baio, a terras de Rosalía, a enfrontar o Flavia, equipo favorito para o ascenso. E visitan a Costa o Sigüeiro, en Fisterra, o Cordeiro que viaxa a terras de Soneira e o Piloño a Verdillo. Os tres rivais costeiros son equipos chamados a estar na zona alta da clasificación, pero os nosos nos seus campos son equipos temibles. Ara Solis é un campo que xa van coñecendo os equipos de 1ª, e o Sigüeiro sufrirá as dificultades que ten arañar puntos ali.
En Verdillo a afición do San Lorenzo disfrutará de novo de fútbol de 1ª Autonómica, recibindo a un perigoso Piloño, que xa venceu ó Soneira na primeira data. E en Vimianzo este Soneira quere empezar a puntuar xa, para non descolgarse dos primeiros postos ós que está chamado.
Disto nos fala un dos homes referencia dos soneiráns, José R. Rio Pazos, JOTA, home con mil horas de fútbol nas súas botas, sabedor de todos os recunchos deste deporte e que ten as cousas moi clariñas. Isto contounous:
Jota - Foto: Maca Cuns
QPC - Xa está olvidado o partido de Piloño?
Si, xa o temos olvidado. O campo do Piloño é bastante complicado para gañar, a bo seguro que vai a ser un equipo dos que esté na parte alta da clasificación, pero nos xa so pensamos en vencer ó Cordeiro.
QPC - Como afrontades a visita do Cordeiro?
Afontamola con moitas ganas, necesitamos puntuar na nosa casa para poder estrear o casilleiro. Fomos o Campión fai dous anos da categoría e temos que empezar a demostrar o noso nivel.
QPC - Gustache o equipo que tedes este ano?
Si, a verdade é que montamos un bo equipo. a gran maioria dos xogadores do ano pasado estamos no conxunto, e as incorporacións son moi boas, incluso os rapaces xoves teñen bo nivel, e creo que van a aportar bastante. O equipo está moi ben armado.
QPC - o Soneira é favorito ó ascenso, tal e como di o voso adestrador?
Dende a humildade e o traballo temos que aspirar a todo. O equipo esta feito para ascender, creo que hai mellor equipo que o ano pasado en Preferente e somos claros favoritos para o ascenso, pero os partidos hai que ganalos no campo.
QPC - Ata cando teremos a Jota dando clases polos campos?
Poucas clases dei na miña vida, jajaja... ata que o corpo me aguante e as lesións me respeten estarei nos campos de fútbol. Atópome moi ben físicamente, e con moita ilusion de volver á categoria que nos pertenece.
QPC - Quen son os rivais a batir?
A categoría coñecémola pouco despois dun ano fora dela, pero supoño que Sigüeiro, Lalín e algún mais estarán na zoa de arriba. Espero que nos ó final do ano poidamos superalos a todos, ser campións e poder ascender.