Xoves. 06.10.2022
El tiempo

Previa da xornada: Sil analiza o Muros - Volantes de Baño

Previa da xornada: Sil analiza o Muros - Volantes de Baño
O domingo será festa grande en Muros. Volve o derbi. Muros e Volantes de Baño enfrontaranse nun duelo fraticida, interesantísimo que marcará a xornada costeira. Para falar do partido da semana contactamos co adestrador do Volantes de Baño, o mítico Sil. Despois de 20 anos adestrando, e tras pasar por Lira, Muros, Esteirana, Negreira, O Pindo, Ribeira, Prodemar e Lesende, recala en Baño para dirixir ó Volantes ó ascenso. Esto nos comentou: Sil nun día de gloria QPC - Por que un adestrador coa túa traxectoria volta á 3ª Galicia este ano? Pois a verdade sorpréndelle a algunha xente. E a min sorpréndeme que lle poda sorprender a alguén, nin que fora Del Bosque, jejeje... Primeiro decir que das propostas que tiven de outras categorías non se deron nin no momento nin as circunstancias mo permitían en ese momento. Ben é certo que cheguei a un acordo con un club pero para miña sorpresa entereime pola prensa que presentaran a outro. Segundo, nunca me movo por categorías nin considero que sea unha deshonra entrenar en terceira ou en calquera outra categoría. Creo que o mais importante é traballar a gusto e que haxa concordancia e coordinación entre entrenador e directiva. Terceiro, os Volantes puxeron moitísimo interese en min, o cal é un orgullo e espero non defraudar. E eu suelo decantarme por a xente que cree en nin de verdade. Valoroo moitísimo. E estou superagradecido ós Volantes por ese interese. Ademais sempre por casualidade ou non me foi ben cando elixín equipos que de verdade crían en min. Polo o contrario cando fun a equipos con moita solera e mais "glamour "saín bastante desilusionado, xa que ves que todo é pantalla. Rascas un pouco e non hai nada no fondo. Eu prefiero entrenar en un equipo que de verdade crea en nin e me valore. Que andar rogándome ou chamando a "intermediarios" para que me recomenden para tal ou cual equipo. E iso pasa, coidado, respetoo moitísimo e non e nada malo pero conmigo non vai. Prefiero que confíen de verdade E cuarto, as miñas circustancias personales tampouco me permite entrenar a calquera equipo. QPC: Quédanos claro daquela por que elixes ó Volantes de Baño. Si, creo que xa che queda respondido. Valoro moitísimo a confianza depositada en min, e a humildade do club. E dentro de esa humildade a predisposición da directiva para tratar de facer as cousas ben e con un mínimo de seriedade e orden. E tamén teñen claro que ganar non e todo si non hai nada detrás. Esta claro que non vai ser fácil xa que hai que cambiar mentalidades e hábitos e tamén tomar decisións. Pero estamos pola labor de intentalo e si se consigue ben. E si non pois por o menos intentámolo. Por intentalo que non quede. Algún que outro premio na súa traxectoria QPC - Como se atopa o equipo agora mesmo? Pois estamos nese proceso largo de adaptación. De momento creo que estamos no camino correcto. A miña idea e que sexamos un equipo dinámico correoso, loitador con diferentes formas de atacar e defender e que os xogadores interpreten o xogo para escoller a mellor forma en función do que requira o partido ou os diversos momentos do xogo. Nese proceso estamos e creo que pouco a pouco vamos mellorando. O que si podo asegurar e que con Sil non se vai a volver a ver o Volantes apático que se viu en Camelle. Eso podo garantirllo a afección. Poderemos gañar ou perder. Estar todos mais ou menos acertados. Pero a desidia e apatía que vin en Camelle amen de protestas a arbitro que denotan impotencia conmigo non vai volver a pasar. Volvo a insistir. Eso podo garantilo. QPC - Volve o derbi o domingo. Como se vive no pobo? Pois si que e un partido muy esperado. Eu a verdade pouco estiven polo pobo debido ó traballo. Pero é verdade que os xogadores están ilusionados. A afección dos dous equipos tamén. E espero que se vexa un bo partido e que sobre todo haba respeto e cordialidade. QPC - Aposta o Volantes decididamente polo ascenso? Bueno sincéramente non e que aposte. E que seria un soño. Creo que con este grupo de xogadores. coa ilusión e predisposición que teñen podemos polo menos competilo. O que creo e que vamos ir con humildade e tratar de poñerllo difícil a todos os rivales e competir o máximo cada partido. A partir de ahí todo que veña será bo seguro. Por outra parte parece que vai ser liga igualada e competida. Sobre todo ahora o principio é a sensación que teño. QPC - Que xogadores che parecen os decisivos nesta 3ª Galega? Xa que levo desde o 2012 sin entrenar na Costa e estou un pouco desconectado dise aspecto. Pero de todas formas espero que sean os meus: Cajulo, Yanki, Parde, Mou, Maikel... Sería boa sinal para nos e ademais confío moito nos meus. Aparte disto parece que Oscar Toja do Laxe debería marcar diferencias. E a min quen me parece un xogador moi completo é Javi do Muros. Creo que e un xogador para categorías superiores, de feito leveino po Ribeira e dou un moi bo nivel en Primeira. Un central ou medio mui polivalente. Listo e con moito gol. Deses xogadores que a todos nos gusta entrenar xa que parece que ve o fútbol na tele sin volumen. E que lee mui pouco o Marca, e eso e moi importante, jaJaja. Eu teño debilidade por el desde que o entrenei no Muros cando era xuvenil.   QPC - Móllate, que resultado prevees para domingo? Bueno a verdade creo que se pode dar calquera resultado . Ahora mismo eles teñen confianza. Parece que están con bo estado anímico. E eso e mui importante. Nos estabamos igual ata Camelle despois da boa pretempada e da vitoria sobre o Castriz. Deixámonos ir en Camelle e agora toca volver a coller ese nivel de confianza e autoestima e o mellor para conseguir eso é ter un derbi. Por tanto vou apostar por un 0.1. Un resultado que demostra que creo que vai estar igualado e que respetamos moito ó Muros. Sil, xenio e figura, analista dos que diseccionan con coitelo e claridade o fútbol costeiro. Sempre é interesante escoitar as opinións do adestrador do Volantes de Baño. No resto da xornada en 3ª Galicia destacan dous encontros, o Camelle - Laxe e o Porteño - Cabana, sen desmerecer ó resto nunha categoría que nos está a despertar moitísimo interese polo igualada que se prevee. Na 2ª Galicia a atención estará centrada en Outes, onde o equipo local recibe nun encontro dos clásicos de rivalidade á Esteirana. O líder Mazaricos visita o sempre difícil campo de Louro, na triple xornada sabatina que tamén inclúe o Cerqueda - Muxía e o Cee - Coristanco.  En 1ª Galicia o Soneira e o Fisterra probarán as súas boas xeiras en Ribeira e Silleda ante equipos asequibles. San Lorenzo e Baio, en situación mais complicada, reciben ós potentes Sigüeiro e Agolada. E na Preferente Norte os tres representantes costeiros xogan de locais. O Xallas recibe ó complicado Castro, a SD Sofán ó Boimorto e o Dumbría ó Outeiro de Rei. Sorte a todos¡

comentarios