Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Previa futboleira da fin de semana

Previa futboleira da fin de semana
Imaxe do Carnota-Corcubión-Foto- Jorge Parri

Nova xornada completa de #futboldacosta para esta fin de semana de 22 e 23 de setembro de 2012. Unha semana na que comeza a Liga Infantil, con 15 equipos. E ollo, que o luns, hai reunión para a Copa!

E comezamos a análise da previa pola Preferente, con 3 saídas complicadas. O XSC quere manter o liderato ante un Chantada que se atopa preto da zona de descenso con 4 puntos. Pola súa parte o Soneira ten unha complicada viaxe a Bertamiráns, un oso duro de roer, que se atopa 4º empatado co Dumbría, ambos con 7 puntos, 3 menos que o líder. Precisamente os de Canosa terán que ir ata a Coruña para enfrontarse ao Silva.

En , o Fisterra recibe o sábado en Ara Solis ao Arzúa, que só suma 2 puntos, polo que ten opcións de escalar posicións. Por debaixo, pero empatado a 3 puntos cos fisterráns, segue o Ponteceso, que pode escapar do Lamela se saca 3 importantes puntos alá. O Camariñas recibe a un dos cocos da categoría, o Flavia, que aínda non coñece a derrota, mentres que o Malpica quere seguir n a boa liña do comezo ante un Villestro bastante abaixo.

A xornada da Liga da Costa ten cousas interesantes. O choque da xornada pode ser o Cee-Corme no San Pedro de Refoxos, con dous claros aspirantes a estar arriba de todo. Outro dos partidos destacados será ese derbi muradán que chega coa Esteirana no máis alto da táboa, compartindo liderato co Sofán. En fronte estará un Muros que comezou dun xeito algo titubeante. Pola súa banda os sofanistas terán unha complicada visita ao Novo Cubaleiro, onde o Corcubión de Manolín non o porá nada fácil.
Por abaixo, o partido da xornada será o sábado no Conchido, onde Outes e Cabana queren estrear o seu taboleiro de puntos. Ademais, o Dumbría B, o terceiro equipo sen sumar, quere empatar co veciño Mazaricos.

Na 3ª da Costa, o líder en solitario, o Independiente, recibe a un Muxía prometedor, pero que non acaba de arrincar. O 2º, o Laxe, terá que visitar a un Ameixenda que a pasada sumaba a súa primeira vitoria e que quere seguir na mesma liña de intensidade. No grupo perseguidor, o Porteño teráo fácil ante o Soneira B, e o choque máis igualado seráo Camelle-Cerqueda cos dous equipos en 6 puntos.

En xuvenís, no sur o XSC quere manter o liderato ante a Esteirana, sendo o Outes-Cee o partido máis equilibrado. Polo norte, o Corme-Baio adiántase ao venres e o Cabana-Coristanco pode ser un dos partidos máis atractivos.

Reunión para a Copa

Non se recorda programar a Copa da Costa con tanta antelación pero benvida a proposta da Federación. O vindeiro luns 24 de setembro a Federación convoca unha reunión para tratar a Copa da Costa de afeccionados así como os Campionatos de Fútbol 8 de alevíns, benxamíns e prebenxamíns.
A cita será ás 20:00h no Polideportivo de Baio.

Preferente Norte, xornada 5

Silva 22/09 - 18:30 Dumbría
Bertamiráns 23/09 - 16:15 Soneira
Chantada 23/09 - 18:30 Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 4

Fisterra 22/09 - 17:00 Arzúa
Camariñas 23/09 - 17:00 Flavia
Lamela 23/09 - 17:00 Ponteceso
Villestro 23/09 - 17:00 Malpica

2ª Autonómica, xornada 4

Cabana 22/09 - 18:00 Outes
Baio 23/09 - 17:00 Montelouro
Esteirana 23/09 - 17:00 Muros
Dumbría B 23/09 - 17:00 Mazaricos
San Lorenzo 23/09 - 17:00 Zas
Cee 23/09 - 17:00 Corme
Corcubión 23/09 - 17:00 Sofán
Buño 23/09 - 17:00 Carnota
Volantes 23/09 - 17:00 Castriz

3ª Autonómica, xornada 4

Indep. Carballo 22/09 - 17:00 Muxía
Camelle 22/09 - 17:00 Cerqueda
Ameixenda 22/09 - 17:00 Laxe
Castrelo 22/09 - 18:00 Xaviña
Lira 23/09 - 17:00 Corcoesto
Baíñas 23/09 - 17:00 Alcaián
Nantón 23/09 - 17:00 Coristanco
Porteño 23/09 - 17:00 Soneira B
  • Descansa o Fisterra B.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 4

Dumbría 22/09 - 11:00 Soneira
Outes 22/09 - 11:30 Cee
Fisterra 22/09 - 12:00 Corcubión
Muros 22/09 - 17:00 Mazaricos
Xallas StComba 22/09 - 17:00 Esteirana

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 4

Corme 21/09 - 18:30 Baio
Cabana 22/09 - 16:00 Coristanco
Laxe 22/09 - 17:00 Muxía
Ponteceso 22/09 - 17:00 Zas
Camariñas 22/09 - 17:00 Malpica

Liga Galega Cadete, xornada 2

Residencia22/09 - 12:00Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 2

Residencia22/09 - 10:30Dumbría

Liga Infantil, xornada 1

Xallas StComba 22/09 - 11:30 Cee
Baio 23/09 - 10:30 Sofán
Os Miudos 21/09 - 17:30 Vimianzo
Corme 23/09 - 17:00 Esteirana
Muxía 23/09 - 10:30 Outes
As Baleas 23/09 - 10:30 Cabana
Coristanco 23/09 - 10:30 Fisterra
  • Descansa o Ponteceso.

Ligas de Veteranos, xornada 2

1ª División

Bértoa 23/09 - 10:00 Vimianzo
Soneira 23/09 - 10:00 Zas
San Lorenzo 23/09 - 11:00 Cabana
Ponteceso 23/09 - 11:00 Camariñas
Nantón 23/09 - 11:00 Corcubión Vet.
Xv. Bergantiños 23/09 - 11:00 Coristanco
Castriz 23/09 - 11:00 San Román
Bergantiños 23/09 - 11:00 Baio

2ª División

Porteño 21/09 - 19:00 Dep. Carballo
Sofán 22/09 - 17:00 Muros
Agualada 22/09 - 17:30 Corme
Camelle 23/09 - 11:00 Leiloio
Corcoesto 23/09 - 11:00 Buño
Cerqueda 23/09 - 18:00 At. Milagrosa
Malpica 30/12 - 11:00 Laxe
  • Descansa o Poniente.
  • O Malpica-Laxe aprázase ata o 30 de decembro.

Novas relacionadas

Comentarios