Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Preferente: O XSC sofre pero mantén o liderato

Preferente: O XSC sofre pero mantén o liderato
Afianza o liderato o Xallas de Santa Comba trala súa sufrida vitoria ante o Viveiro, nun choque no que os de Corredoira non sentenciaron na primeira e acabaron pedido a hora na segunda. Foi a única vitoria dos nosos pois Soneira e Dumbría acadaron sendos empates. A menos sabe o do Soneira, que volve deixar escapar dous puntos do Municipal de Vimianzo nos últimos tras dominar durante todo o partido.O Dumbría, pola súa banda, non pasou do empate ante un dos que van estar arriba nun encontro moi disoutado.

Soneira - Ribadeo (1-1)

Soneira-Ribadeo- Fran de Urroa conduce o balón
  • SONEIRA: Cheli, Pichi, Sito, Michael, Nico, Fran de Urroa, Baba, Darío (Mayor, min.77), Óscar (Míchel, min.79), Toni de Muros, Javi (Iván de Treos, min.88).
  • Goles: 1-0, mim.52: Javi; 1-1, min.80.
De novo o Soneira deixa escapar puntos nos últimos minutos logo de ter o partido controlado e con varias ocasións de sentenciar. Cun equipo moi novo e sen apenas esforzo, o Ribadeo leva un punto que lle sabe a gloria. Ante a lesion de Toni de Fisterra, Felipe optou por colocar a Fran de Urroa no medio campo acompañando a Baba, mentres que Oscar fíxoo polo sancionado Mackay. A primeira metade foi de moito respecto por ambas partes. As mellores foron para os locais e as dúas dairon das botas do habilidoso Toni, a primeira a media hora, o seu disparo dende a frontal, tras un par de regates, foise a cepa do pau, a segunda foi sete minutos despois, recibe un pase de Oscar, internase pola banda esquerda, regatea ao porteiro e tira coa dereita, cando se cantaba gol na grada do Municipal, un defensa visitante sacaba o balón baixo paus. Na segunda metade, ao pouco de arrancar, Javi collía un balón na frontal e o seu tiro cruzado supuña o primeiro gol do encontro. O Ribadeo foi pouco a pouco subindo liñas e comezou a crear perigo na defensa local, principalmente con balóns longos. Así chegaría a primeira ocasión clara de gol, unha falta lateral e Baba carga nun xogador visitante sinalando o colexiado o punto de penalti. O seu lanzamento foise ao pau e saíu rebotado para fóra. O Soneira foi perdendo o control e a presión no medio campo e o Ribadeo aproveitouno para conseguir o empate a falta de 10 minutos. Un balón ás costas da defensa cazouno o dianteiro lugués para definir con clase ante a saída de Cheli. Ao final, reparto de puntos que non deixa contentos aos de Vimianzo pois tiñan o partido moi de cara para quedar cos 3 puntos. Soneira-Ribadeo

Dumbría - Grixoa (0-0)

  • DUMBRÍA: Juan, Tantán, David, Aarón, Pablo Conde, Aarón López, Jesús (Martín Toja, min.70), Luís (Riki, min.65), Piri, Leo (Iago, min.56), Pablo Muíño (Cacho, min.80).
  • Expulsión: un xogador visitante xa no min.85.
Partido disputado no Conco ante un equipo dos que van estar arriba. A primeira metade disputouse con moitísima intensidade e sen ben non foron clarísimas si que houbo alguna ocasión para mover o marcador. As dúas máis claras foron para o equipo visitante pero Pablo Muíño tamén tivo un par bastante boas. Na segunda baixou o ritmo do partido. Tras media hora de tanteo, nos últimos 15 minutos puido caer o partido dos dous lados.

Xallas Santa Comba - Viveiro (1-0)

Os de Corredoira afianzan o liderato - Foto-XSC
  • XSC: David, Chinda (Rubén Forján), Guillermo, Martín, Pablo, Jota, Mon (Darío), Doro (Noli), Pablo Baña, Ismael (Adrián Beiroa), Javi Suárez (Oscarín).
  • Gol: 1-0, min.25: Pablo Baña a centro atrás de Doro.
"Gañar sufrindo é moi importante", apuntaba Corredoira trala apurada vitoria do XSC ante o VIveiro. O cadro xalleiro soubo sifrir para manter o liderato, ante un Viveiro moi forte, que buscou un xogo moi directo e que dominou o xogo durante boa parte da segunda metade, sen tampouco obter ocasións claras de perigo. Puido sentenciar nos primeiros 45 minutos o XSC pero deixou vivo ao Viveiro e case o paga na segunda. Unha xogada clave aos 65 minutos, cun posible penalti a Doro, que tivera dado tranquilidade aos xalleiros. Ao final, ocou sufrir pero son 3 puntos máis que afianzan aos verdes e laranxas no liderato. Xallas Sta Comba-Viveiro-Foto-XSC

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios