Venres. 26.04.2024
El tiempo

Previa do XXXVII San Froilán

Previa do XXXVII San Froilán
Cartel do Rallye de San Froilan 2015

A próxima proba do Campionato Galego de Ralis terá lugar esta fin de semana coa disputa do XXXVII Rali San Froilán. Cun percorrido de 345'87 kilómetros, estará composto por catro tramos a dobre pasada, disputándose ao longo da mañá os tramos de Outeiro de Rei e Begonte e pola tarde os de Corgo e Pol, sumando un total de 88'65 kilómetros cronometrados.

Mapa xeral do Rally de San Froilan 2015. Mais información en Pe a Chapa Racing Mapa xeral do Rally de San Froilan 2015. Máis información en Pé á Chapa Racing

Na lista de inscritos atopámonos a Alberto Meira e Alejandro Pais, que seguirán coa súa particular pelexa polo título do campionato galego a bordo de sendos Mitsubishi Lancer Evo X, así como a Iván Ares e a Adrían Díaz, ambos con Porsche 911 GT3 2010, entre os cales estará a priori a pelexa polo podio final. Ademáis dos pilotos que acostuman a seguir o campionato, tamén destaca a presenza de non habituais como Alberto Otero, Alberto López Belón, Óscar Veiga co Subaru Impreza de AR Vidal, Félix Macías, Luis Penido, David Grandal co seu C2 R2 Máx, Miguel Ángel Lago no 106 Kit Car… ata completar os 140 inscritos.

Adrian Diaz repite co Porsche 911 GT3 2010 no San Froilan Adrián Díaz repite co Porsche 911 GT3 2010 no San Froilán

Entre os inscritos atopámonos con Juan Lojo e Heri Atán, copilotados por Álvaro Vila e Martin Fariña respectivamente. Lojo deixa o seu habitual Evo X para saír á proba nun Suzuki Swift, en concreto a unidade de Édgar Vigo e Fátima Ameneiro, tendo como único obxetivo sumar puntos de cara ao campionato de grupo N: "será a primeira vez que nos montemos neste coche, pero o único obxetivo é sumar os puntos que a calculadora manda."

O Suzuki Swif que empregaran Lojo-Vila no San Froilán-Foto-Pablo Pernas-GZrally O Suzuki Swif que empregaran Lojo-Vila no San Froilán-Foto-Pablo Pernas-GZrally

Pola súa parte, Atán volve co seu Citroën C2 tras a avaría que lle obligou a abandonar no rali Sur do Condado: "motor novo, caixa nova e copiloto novo". Vamos a atacar o que podamos, pero apenas coñezo o coche, teño que adaptarme ao novo copiloto, e esperemos que o coche responda en canto a fiabilidade. Aínda queda un longo camiño para ser 100% competitivos, pero a principios de temporada xa sabíamos que este ano sería de adaptación, atopar fallos e coller ritmo de carreira. Vou coa mesma ilusión e nervios que á primeira".

Heri Atán no pasado Rali Sur do Condado -Foto-Fernando Jamardo Heri Atan no pasado Rali Sur do Condado -Foto-Fernando Jamardo

Dende Que pasa na costa desexámoslles sorte a ambos e estaremos atentos a cómo lles vai nos tramos lucenses.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios