Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Rafael Louzán analiza o proxecto de renovación do campo de Fontenla

Rafael Louzán analiza o proxecto de renovación do campo de Fontenla
Louzan cos representantes do Xallas en Fontenla Louzan cos representantes do Xallas en Fontenla

Nova visita pola volta do presidente da Federación Galega de Fútbol. Desta volta, Rafael Louzán visitou Santa Comba coa intención de analizar a posibilidade da reforma do campo A Fontenla, unha demanda do propio club, que se acolle así á liña de axudas lanzada pola FGF mediante a cal a Federación comprométese a financiar o proxecto constructivo da obra. Unha remodelación que vai servir a todo o fútbol costeiro, non só aos equipos xalleiros, pois o de Fontenla é un dos campos máis utilizados da zona.

Louzán, acompañado polo director do proxecto, con sobrada experiencia na construcción e reforma de campos de fútbol, reuniuse coa alcaldesa xalleira María Pose e a concelleira Silvia Cancela, así como cos dirixentes do Xallas.
Logo de analizar o proxecto na Casa Consistorial, todas as partes desprazáronse ata A Fontenla para ver ‘in situ’ as posibilidades do proxecto.

Concello, FGF e Xallas estudan varios proxectos, e aínda non saben se cambiar un dos únicos céspedes naturais que quedan pola zona a herba artificial.

Concello e FGF analizando o proxecto de renovacion de Fontenla Concello e FGF analizando o proxecto de renovacion de Fontenla

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios