Rafael Louzán analiza o proxecto de renovación do campo de Fontenla
Nova visita pola volta do presidente da Federación Galega de Fútbol. Desta volta, Rafael Louzán visitou Santa Comba coa intención de analizar a posibilidade da reforma do campo A Fontenla, unha demanda do propio club, que se acolle así á liña de axudas lanzada pola FGF mediante a cal a Federación comprométese a financiar o proxecto constructivo da obra. Unha remodelación que vai servir a todo o fútbol costeiro, non só aos equipos xalleiros, pois o de Fontenla é un dos campos máis utilizados da zona.
Louzán, acompañado polo director do proxecto, con sobrada experiencia na construcción e reforma de campos de fútbol, reuniuse coa alcaldesa xalleira María Pose e a concelleira Silvia Cancela, así como cos dirixentes do Xallas.
Logo de analizar o proxecto na Casa Consistorial, todas as partes desprazáronse ata A Fontenla para ver ‘in situ’ as posibilidades do proxecto.
Concello, FGF e Xallas estudan varios proxectos, e aínda non saben se cambiar un dos únicos céspedes naturais que quedan pola zona a herba artificial.
Concello e FGF analizando o proxecto de renovacion de FontenlaNovas relacionadas
- Muxía acollerá a IV Gala do Fútbol da Costa – QPC co apoio da FGF.
- E o Presidente da Federación pasou polos campos da Costa.
- Rafael Louzán: “A nivel de Copa non se vive en ningún punto de Galicia o que se vive na Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).