Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Repasando a actualidade de cadetes e infantís

Repasando a actualidade de cadetes e infantís
Santi Diaz e unha das novas fichaxes do Dumbria da Liga Galega cadete-Foto- Jorge Parri

Facemos hoxe un breve repaso á actualidade das Ligas Base, e comezamos, como, por eses equipos dumbrieses en competición autonómica.

Seguen os cadetes de Liga Galega do Dumbría de Diego Lobelos e Óscar Leis completando unha grandísima temporada. O cadro costeiro segue na 3ª praza tras vencer ao Sp. Coruñés por un rotundo 1-6. Unha 3ª praza que tal e como están as cousas, co Deportivo B como destacado líder, suporá o ascenso directo á División de Honra, a máxima división na categoría. Pero aínda terá que remar. Ten ao Ural a tan só 3 puntos por debaixo, se ben o 5º xa está a 12. A semana que vén é un partido crucial para os dumbrieses pois reciben na casa ao Santiago de Compostela, situado na 2ª praza con 5 puntos máis, e que na primeita volta lle endosaba un 5-1 ao cadro dumbriés. A sorte está botada.

Imaxe dos infantís de Liga Galega do Dumbría-Foto- Jorge Parri

Mentres, en Infantís, rematou a Liga Regular dunha soa volta e estamos inmersos nunhas estranas Ligas polo Título e por evitar o descenso. Polo título xoga o Bergantiños, cos 8 mellores de Galicia, pero o comezo non está a ser moi alentador e suma dúas derrotas en sendos partidos ante o Celta e o Pabellón de Ourense.
Pola súa parte, o Dumbría, no Grupo de Descenso Norte B, suma dúas vitorias en dous partidos, o que o sitúa nunha cómoda 3ª posición, unha vez que parece ser que se contan os puntos da liga regular. Con 19, os de Juan Porrúa están a só 2 puntos de Monteañeros B e Lalín, polo que parece que non terán problemas para evitar o descenso.

Ligas comarcais

Imaxe do Fisterra-Cabana de Cadetes-Foto- Jorge Parri

Pero tamén están interesantes as Ligas comarcais. En Cadetes parece que a Esteirana segue o seu firme rumbo cara o título. Trala vitoria en Cee hai dúas semanas, o cadro esteirán saca 6 puntos aos ceenses, e segue sen ceder un só punto, cunhas cifras tremendas: 80 goles a favor e 11 en contra. O Cee tamén está facendo unha gran campaña e só perdeu dous partidos e será o equipo que o acompañe na Fase de Ascenso á Liga Galega.
Na imaxe, vemos aos equipos do Fisterra e do Cabana, no choque desta semana en Ara Solis que vencía o cadro verde por 2-0.

Mentres, en infantís a cousa se apreta. O Xallas de Santa Comba cedía o seu primeiro empate da tempada (leva ademais unha derrota en 18 partidos). E o facía ante a Esteirana nun vibrante 4-4. Por detrás non cede o Cee, que está a 3 puntos.

A cousa, como vemos, está que ferve!

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios