Primeira fin de semana de decembro completa de fútbol costeiro. Con moitos enfrontamentos directos, como os vividos en Fontenla e mais no Pinguel. No campo xalleiro viuse un derbi moi igualado que rematou cun empate bastante xusto malia que o cadro local apretou na segunda metade. Ademais o Santa Comba segue firme e non perdou ante o Santiago e continúa 3º. O que se mete en problemas é o Soneira, que volvía caer na casa ante o Chantada e asómase ao abismo do descenso.
O derbi de 1ª foi tan intenso como se esperaba, no que ante a falta de xogo a incertidume do resultado mantívoo vibrante ata o pitido final, cun golazo de falta de Josito sobre a bocina que deixa ao Cee en serios problemas.
A xornada na Liga da Costa deixou vitorias para os 3 de arriba. Máis importante foi a do Club do Mar en Muros, ante o 4 clasificado, pero os caioneses deixaron claro que este ano van a por todas como foron polo partido. Por abaixo, o Corcubión sae dos postos perigosos coa súa vitoria ante o Pindo. Quedan San Lorenzo, Zas, Nantón e Mazaricos en situación de risco para ocupar esa segunda praza de descenso.
A xornada na 3ª da Costa foi completita. Non fallaron Cabana e Outes, malia que non o tiveron fácil ante Porteño e Muxía. Pero o partido máis importante era o Coristanco- Outes, cun 1-0 que deixa ao Coristanco igualado co Outes na 2ª praza e fai que o Montelouro descenda á 5ª praza en favor do Carnota, que sufría para superar ao filial soneirán. Por detrás o Fisterra B seguen coa boa racha (4 vitorias dos últimos 5 partidos) e supera ao Volantes, ao Cerqueda, ao Laxe e ao propio Porteño por esa 6ª praza.
Cómpre destacar en xuvenís o bronco empate do Cee en Corcubión (cunha bancada repleta de pais algo quentes de máis), mentres continúa a loita polas 3 prazas restantes entre Fisterra, Soneira, Outes e Santa Comba, que sumaban sendas vitorias. Polo norte, Malpica e Dumbría seguen ao seu, mentres que o Ponteceso daba un paso a trás para meterse entre os 4 primeiros ao perder no derbi co Cabana, e parece que Camariñas e Baio acompañarán a malpicáns e dumbrieses.
En cadetes, xogábase esta fin de semana o partido da primeira volta, entre o Dumbría, líder imbatido, e o Cee, que arrincaba o primeiro punto que perden os dumbrieses. Asi e todo, son 5 puntos de vantaxe entre ambos conxuntos, mentres Esteirana e Santa Comba seguen moi de cerca aos ceenses.
Ponse a Liga Infantil tamén como tola. Trala vitoria a semana pasada do Cabana ao Dumbría, esta fin de semana o Cee, 3º en discordia, superaba noutro fermoso partido de pequenos aos cabaneses, derrota que aproveita o Dumbría para superar, polo golaeverage xeral, ao cadro de Cabana.
Preferente, xornada 15
Xallas
1-1
Dumbría
Soneira
1-2
Chantada
S.de Compostela
0-1
Santa Comba
1ª Autonómica, xornada 14
Ponteceso
3-2
Cee
2ª Autonómica, xornada 14
Corcubión
4-0
O Pindo
Esteirana
4-1
Buño
Dumbría B
2-3
Fisterra
Zas
2-3
Malpica
Muros
0-2
Club do Mar
San Lorenzo
2-2
Corme
Mazaricos
1-1
Sofán
Nantón
0-2
Camariñas
Castriz
2-2
Baio
Partidos aprazados no seu día que se disputan esta semana:
Dumbría B - Baio (xornada 8): 08-12 ás 16:30h no Conco.
3ª Autonómica, xornada 17
Lira
1-2
Indep. Carballo
Laxe
1-1
Cerqueda
Muxía
0-2
Outes
Atl. Pereiriña
3-2
Corcoesto
Camelle
2-4
Fisterra B
Cabana
1-0
Porteño
Carnota
4-3
Soneira B
Xaviña
2-1
Alcaián
Coristanco
1-0
Montelouro
Este martes 06-12 dispútase a 18ª xornada da 3ª da Costa. Ademais, o xoves dispútanse os seguintes partidos aprazados no seu día:
Atl. Pereiriña - Muxía (xornada 3): 08-12 ás 16:00h no San Pedro de Refoxos.
Montelouro - Carnota (xornada 5): 08-12 ás 16:00h no Agra da Filgueira.